Aviso legal

As persoas usuarias deste Portal teñen a continuación toda a información relativa ao tratamento dos
datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos,
o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos
esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais.

Esta páxina contén información sobre a aplicación da normativa en materia de protección de datos persoais na Xunta de Galicia. Ademais vén completar a información contida nos modelos e formularios correspondentes a cada procedemento administrativo ou servizo xestionados pola Xunta de Galicia.

Quen é o responsable do tratamento?

O responsable do tratamento é o órgano ou entidade que determina os fins e medios do tratamento dos datos persoais. No ámbito da Xunta de Galicia, con carácter xeral, configúranse como responsables do tratamento as secretarías xerais técnicas das consellerías, da Presidencia e Vicepresidencia. No caso de entidades instrumentais do sector público autonómico con personalidade xurídica propia a figura do responsable do tratamento recae na dirección da entidade.

Tratamento de datos persoais pola Administración xeral e sector público autonómico de Galicia

Constituirá un tratamento de datos persoais calquera operación realizada sobre datos persoais como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.

Finalidades xerais

A Xunta de Galicia poderá tratar os datos persoais da cidadanía con unha ou varias das finalidades que se indican a continuación,  sendo esta listaxe meramente informativa. A finalidade concreta vén especificada nas cláusulas informativas correspondentes a cada procedemento ou servizo.

  • Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar aos interesados sobre a súa tramitación;
  • verificar os datos e documentos que as persoas interesadas declaren a través das diferentes solicitudes para comprobar a exactitude dos datos;
  • xestionar a Carpeta do cidadán posibilitando a través desta, o acceso ao estado de tramitación dos seus expedientes conforme ao previsto na lexislación vixente sobre administración dixital;
  • xestionar as consultas, solicitudes de información e comunicacións en xeral presentadas ante os diferentes organismos;
  • remitir periodicamente boletíns informativos;
  • ofertar servizos personalizados á cidadanía;
  • xestionar axudas e subvencións;
  • tramitar autorizacións, licenzas e permisos;
  • xestionar inscricións en rexistros públicos;
  • realizar notificacións;
  • tramitar recursos e
  • xestionar calquera outro servizo prestado pola Xunta de Galicia que precise o tratamento de datos persoais.

Lexitimación ou bases xurídicas para o tratamento

Con carácter xeral, o tratamento dos datos persoais na Xunta de Galicia basearase na necesidade de dar cumprimento a unha obrigación legal, no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable sobre a base do Dereito autonómico, estatal ou da Unión Europea. En determinados supostos, o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas afectadas.

A normativa básica estatal e autonómica que xustifica a lexitimidade do tratamento dos datos persoais, e que se complementa coa sinalada en cada procedemento ou servizo, é a seguinte:

En todo caso, a determinación da lexitimación para o tratamento dos datos especifícase nas cláusulas informativas correspondentes a cada procedemento ou servizo.

Prazos de conservación

Os datos persoais serán conservados mentres sexan necesarios para as finalidades de cada tratamento e, en todo caso, durante os prazos previstos pola lexislación vixente, atendendo ao requirido pola normativa vixente respecto á retirada do consentimento, á supresión dos datos polas persoas interesadas ou ao exercicio doutros dereitos.

Destinatarios dos datos

Os datos tratados polos diferentes responsables na Xunta de Galicia poderán ser comunicados, cando sexa estritamente necesario e conforme ao previsto na lexislación vixente, a un ou varios dos destinatarios indicados a continuación, sendo esta listaxe meramente informativa. Os destinatarios concretos dos datos especifícanse nas cláusulas informativas correspondentes a cada procedemento ou servizo.

  • Entidades bancarias necesarias e á Administración Tributaria no marco dunha relación económica;
  • organismos financiadores dentro de proxectos xestionados con fondos europeos;
  • outras administracións públicas competentes, incluídos Xulgados e Tribunais e organismos da Seguridade Social segundo o ámbito de cada tratamento
  • ou Diarios Oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios, a fin de dar a publicidade legalmente esixida aos distintos procedementos.