Premios

 

Es un comercio que sitúa ao cliente no centro da túa estratexia? Personalizas os teus servizos ou produtos? Integras xa no teu comercio a canle dixital? Se es un establecemento innovador, se utilizas ferramentas dixitais e tes algo que te fai diferente, tes ata o 24 de outubro para presentar a túa candidatura.

A Xunta de Galicia concede un ano máis os Premios do Comercio Galego como un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que aproveitan todos os recursos á súa disposición para achegar a súa oferta aos seus clientes. Tamén premia ás asociacións de comerciantes que empreguen novas tecnoloxías.

As categorías ás que se poden optar son:

a) Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 9.000 euros.

b) Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros por provincia.

c) Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.

O Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes elixirase entre aquelas asociacións que poñan en práctica proxectos tecnolóxicos vinculados ao comercio que inclúan presenza na rede, utilización de novas tecnoloxías e incrementen a fidelización e os servizos prestados aos clientes.

Xunto coa solicitude o establecemento deberá presentar unha breve memoria explicativa. O fallo dos Premios do Comercio Galego 2019 farase público nun acto no mes de decembro, convocado coa debida antelación, onde estarán invitados todos os candidatos e se fará entrega dos Premios.

Podes presentar a túa candidatura aquí, onde tamén se atopa toda a información da convocatoria:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN214C

 

Podes ler a crónica da entrega dos premios da pasada edición premendo aquí.