Comercio 360 Novas Tendencias

Descarga aquí o manual da Rede de Comercios e Mercados no Camiño

Descarga aquí o manual.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén aberto o prazo de adhesión ata o 8 de novembro.

Os establecementos  recibirán un distintivo identificativo e elementos promocionais e beneficiaranse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo na Rede no marco do Xacobeo 2021

Tamén poderán acceder a axudas para editar material promocional e de empaquetado, así como selos para as credenciais dos caminantes

Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe.

A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Pode descargarse o manual de identidade visual para o deseño destes materiais, aquí.

Esta nova iniciativa coincide coas directrices da estratexia Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores.

Síguenos

Nas redes