Protagonistas

Tobarix: Dixitalización en comercios con décadas de traxectoria

Herminio Puertas Díez creou hai máis de trinta anos unha empresa con sucursais en todas as capitais de provincia de Galicia. En 1996 pecharon e José Luis Figueiras Ferreiro e fillo fixéronse co establecemento de Lugo, do que xa era encargado desde 1984.

Naceu así Tobarix, un negocio cunha forte aposta pola atención personalizada ao cliente, cuxa oferta se basea en escoitar o que este lle pide. “A clave está en escoitar as demandas e en localizar os artigos máis novedosos e actuais no sector do xoguete e o agasallo”, afirman.

A través de promocións que chaman moito a atención nos artigos menos actuais, libéranse do stock non desexado e espertan o interese do cliente con eses descontos.

Grazas ás redes sociais, promoven ao máximo as bondades do seu negocio, atraen novos clientes e fidelizan aos actuais. Ademais, cooperan co Club Comercio Galicia, que tamén lles axuda na tarefa da fidelización.

A través de promocións que chaman moito a atención nos artigos menos actuais, libéranse do stock non desexado e espertan o interese do cliente con eses descontos.

Ademais, aténdeno a través de múltiples canles, deixando que sexa o propio comprador o que decida se quere adquirir un produto na tenda, a través da web, por teléfono, Whatsapp, etc. Isto proporciónalles proximidade e versatilidade.

A accesibilidade e colocación do produto son factores que coidan moito porque ao cliente lle gusta ver e tocar antes de mercar. Que un produto destaque na tenda, sen dúbida facilita moito a súa venda.

De cara ao futuro buscan manter a súa cota de negocio, que nun mercado tan competitivo e no que existe un número tan elevado de tendas online, fidelizar aos clientes é un obxectivo ambicioso. “É un éxito conseguir que a xente siga confiando en nós despois de tantos anos”, cóntannos.

Cren que un dos retos do comercio galego de proximidade é conseguir unha unión forte entre autónomos propietarios de pequenos establecementos. “Debemos tratar de lanzar accións conxuntas para poder facer fronte ás grandes plataformas que hai no mercado”.

O seu negocio ten presenza nas principais redes sociais porque “dan moito traballo pero é unha publicidade que a xente demanda, se non estás, non existes”. Teñen conta en Facebook, Pinterest, Instagram, Google + e Twitter.

Apostan pola canle online para a venda porque notaron unha demanda crecente entre os seus propios clientes e porque ademais unha web lles permitiría expandirse. Actualmente as vendas a través da web supoñen arredor do 10% da facturación. Moitos clientes que van á tenda xa miraron o artigo na páxina, o que lles facilita a venda en gran medida.

Como non poden competir por prezo coas grandes plataformas, ofrecen ao público o que non atopa habitualmente e o fondo de catálogo das marcas que traballan.

Á hora de elixir un artigo para a súa tenda, o principal é “escoitar moito a demanda do público en xeral, valorar a posibilidade de comercializalo, estudar os marxes, condicións, etc,”. “Os produtos que teñen máis acollida son as camisetas, tazas, axendas… e os artigos de regalo parodiando con humor galego están tendo moito éxito”, comentan.

O seu consello para emprendedores é “que valoren todas as opcións antes de decidirse e que pensen que teñen que dar o 100% de ilusión, traballo, paciencia, constancia e imaxinación na aventura, se non están dispostos a esforzarse o suficiente non terán resultados hoxe en día”.

Sobre a recepción do galardón deste ano pola provincia de Lugo, dotado con 2.000 euros, comentan: “Estamos encantados de recibir o Premio do Comercio Galego, é un recoñecemento que se agradece cando traballas tanto e tan duro”.

 

FICHA:

WEB: https://www.tobarix.es/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/tobarix
TWITTER: https://twitter.com/capicuaslot
YOUTUBE: https://www.youtube.com/user/capicuaslot

Síguenos

Nas redes