Comercio 360 Galicia https://comercio360.gal Pequeno comercio galego Fri, 13 Dec 2019 13:01:44 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.2.5 https://comercio360.gal/wp-content/uploads/2019/05/cropped-logo-comercio-360-1-1-32x32.jpg Comercio 360 Galicia https://comercio360.gal 32 32 Galería de fotos dos Premios do Comercio Galego 2019 https://comercio360.gal/galeria-de-fotos-dos-premios-do-comercio-galego-2019/ Fri, 13 Dec 2019 12:53:23 +0000 https://comercio360.gal/?p=2731   O 10 de decembro celebrouse a entrega dos Premios do Comercio Galego 2019, que distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto.    

O artigo Galería de fotos dos Premios do Comercio Galego 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

O 10 de decembro celebrouse a entrega dos Premios do Comercio Galego 2019, que distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto.

 

 

O artigo Galería de fotos dos Premios do Comercio Galego 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Conde destaca nos Premios do Comercio Galego o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos clientes https://comercio360.gal/conde-destaca-nos-premios-do-comercio-galego-o-compromiso-do-sector-por-innovar-e-responder-as-novas-demandas-dos-clientes/ Tue, 10 Dec 2019 10:56:40 +0000 https://comercio360.gal/?p=2727   O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliña o papel cohesionador e integrador que xogan os establecementos de proximidade nas vilas e cidades galegas O vindeiro ano destinaranse 5,6 millóns de euros á iniciativa Comercio 360, coa que se aposta pola dixitalización e a sustentabilidade Tamén se reforzará o comercio no rural, […]

O artigo Conde destaca nos Premios do Comercio Galego o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos clientes publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliña o papel cohesionador e integrador que xogan os establecementos de proximidade nas vilas e cidades galegas
  • O vindeiro ano destinaranse 5,6 millóns de euros á iniciativa Comercio 360, coa que se aposta pola dixitalización e a sustentabilidade
  • Tamén se reforzará o comercio no rural, coa creación de puntos de recollida, e avanzarase na consolidación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño
  • O Premio Comercio Galicia recoñece a traxectoria de Lolita Moda, un negocio familiar con orixe en Noia que conta con oito establecementos e tenda en liña
  • Olivares Shoes & Bags, empresa de venda polo miúdo de produtos de moda de muller fundada en Ferrol, obtén o Premio Comercio A Coruña
  • Na provincia de Lugo distínguese a Albo Zapaterías, de Viveiro, que con preto de 65 anos de traxectoria soubo anticiparse aos cambios experimentados no sector
  • En Ourense prémiase a 4Elementos, centrada na moda urbana e o calzado deportivo, e na provincia de Pontevedra a gañadora é a viguesa Mkkdes, que naceu primeiro na rede
  • A Fundación Santiago Centro recibe o premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes pola posta en marcha de diversas accións estreitamente vinculadas coa transformación dixital

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na entrega dos Premios do Comercio Galego 2019 o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos consumidores. Neste sentido, Conde sinalou a necesidade de poñer o cliente no centro da estratexia. Esta é a filosofía que guía Comercio 360, iniciativa coa que a Xunta aposta tanto pola dixitalización como pola sustentabilidade, e á que se destinan 5,6 millóns de euros nos orzamentos de 2020. Ademais, tal e como sinalou Conde, o vindeiro ano reforzarase o comercio no rural, coa creación de puntos de recollida que permitan ter unha actividade máis competitiva, e avanzarase na consolidación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño. Tamén se contemplan apoios para mercados e espazos comerciais ou a promoción de produtos galegos con especial atención á artesanía.

O conselleiro, que destacou o papel cohesionador e integrador do comercio de proximidade nas cidades e vilas galegas, sinalou que os establecementos premiados hoxe son exemplo da importancia de adaptarse aos novos tempos, transformando os negocios seguindo o ritmo das necesidades dos consumidores e empregando as mellores ferramentas dispoñibles para alcanzar ese obxectivo.

Os Premios do Comercio Galego 2019 distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto. Para iso, valórase a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles on line e off line. O Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 9.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.

O Premio Comercio de Galicia 2019 recaeu en Lolita Moda, que xorde en Noia en 1960 como un negocio familiar. Actualmente dispoñen de oito tendas físicas (tres delas especializadas en nenos) en Boiro, Noia, Ribeira, Bertamiráns (Ames) e Pontevedra. No 2014 lanzan a súa tenda on line, con máis de 50 marcas e 7.000 referencias.

No tocante ao premio provincial da Coruña, obtívoo Olivares Shoes & Bags, empresa de venda polo miúdo de produtos de moda de muller. Fundada en Ferrol no ano 2010, conta tamén con establecementos na Coruña e Santiago, e dispón de venda en liña.

Na provincia de Lugo, resultou gañador Albo Zapaterías, unha empresa familiar de Viveiro con preto de 65 anos de traxectoria e que soubo anticiparse aos cambios experimentados polo sector nos últimos anos. Na actualidade contan con catro tendas situadas no casco histórico de Viveiro. Albo Shop Online opera en toda España así como en seis países da Unión Europea.

En Ourense prémiase a 4Elementos, centrada na moda urbana e o calzado deportivo, e que conta despois de dez anos con cinco tendas físicas situadas en Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Madrid, ademais da tenda en liña.

O Premio Comercio Pontevedra é para Mekkdes, unha tenda que nace en 2011 a través da súa web, e que, despois de vender en establecementos multimarca de toda España, en abril de 2018 abre a súa primeira tenda física en Vigo.

O premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes recaeu na Fundación Santiago Centro-Área Comercial, pola posta en marcha de diversas accións estreitamente vinculadas coa transformación dixital, entre as que destacan a creación do Grupo de Comercio Innovador, a posta en marcha dunha plataforma online de venda conxunta de produtos en outlet, ou a distribución mensual dun boletín de innovación.

 

O artigo Conde destaca nos Premios do Comercio Galego o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos clientes publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Descarga aquí o manual da Rede de Comercios e Mercados no Camiño https://comercio360.gal/descarga-aqui-o-manual-da-rede-de-comercios-e-mercados-no-camino/ Mon, 21 Oct 2019 09:58:15 +0000 https://comercio360.gal/?p=2717 Descarga aquí o manual. A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén aberto o prazo de adhesión ata o 8 de novembro. Os establecementos  recibirán un distintivo identificativo e elementos promocionais e beneficiaranse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo na Rede no marco do Xacobeo 2021 Tamén poderán acceder a axudas para editar […]

O artigo Descarga aquí o manual da Rede de Comercios e Mercados no Camiño publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Descarga aquí o manual.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén aberto o prazo de adhesión ata o 8 de novembro.

Os establecementos  recibirán un distintivo identificativo e elementos promocionais e beneficiaranse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo na Rede no marco do Xacobeo 2021

Tamén poderán acceder a axudas para editar material promocional e de empaquetado, así como selos para as credenciais dos caminantes

Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe.

A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Pode descargarse o manual de identidade visual para o deseño destes materiais, aquí.

Esta nova iniciativa coincide coas directrices da estratexia Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores.

O artigo Descarga aquí o manual da Rede de Comercios e Mercados no Camiño publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A Xunta de Galicia presenta o catálogo de Artesanía de Galicia como nova ferramenta de promoción das pezas de marca https://comercio360.gal/a-xunta-de-galicia-presenta-o-catalogo-de-artesania-de-galicia-como-nova-ferramenta-de-promocion-das-pezas-de-marca/ Thu, 26 Sep 2019 15:42:10 +0000 https://comercio360.gal/?p=2711 A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou esta mañá na Coruña esta publicación, que se distribuirá en tendas, locais de hostalería, revistas especializadas e outros puntos de interese. Cun coidado deseño e presentación, o catálogo prima as fotografías de escenas nas que se mesturan diferentes pezas artesanais como protagonistas da imaxe A […]

O artigo A Xunta de Galicia presenta o catálogo de Artesanía de Galicia como nova ferramenta de promoción das pezas de marca publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou esta mañá na Coruña esta publicación, que se distribuirá en tendas, locais de hostalería, revistas especializadas e outros puntos de interese. Cun coidado deseño e presentación, o catálogo prima as fotografías de escenas nas que se mesturan diferentes pezas artesanais como protagonistas da imaxe

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presentou esta mañá na Coruña o catálogo de produtos da marca Artesanía de Galicia co que se pretende dar un novo pulo á promoción das pezas artesanais como elementos da vida diaria, tanto no ámbito do interiorismo e decoración como no da xoiaría, moda e complementos. O acto tivo lugar no espazo de D-Raíz -obradoiro inscrito no rexistro de Artesanía de Galicia-.

 

 

A publicación, de 55 páxinas, caracterízase polo seu deseño e unha coidada maquetación, e outorga unha especial relevancia ás fotografías, que amosan escenas cotiás nas que a artesanía galega é a protagonista das imaxes. Ofrécese unha imaxe contemporánea do sector artesán galego, mesturando tradición e modernidade. Búscase amosar a heteroxeneidade do sector e poñer en valor a incorporación da artesanía no día a día, ocupando protagonismo nos fogares, na hostalería e na imaxe persoal, xa que o seu uso outorga personalidade, un toque de exclusividade e autenticidade.

A edición deste catálogo, que se distribuirá en tendas, locais de hostalería, revistas especializadas e outros puntos de interese, ademais das feiras internacionais nas que participa a marca, e enmárcase nas diferentes actuacións de promoción que vén desenvolvendo Artesanía de Galicia para dar a coñecer o sector e destacar a calidade, deseño e exclusividade dos produtos artesáns. A súa versión dixital pódese descargar aquí.

As pezas que aparecen neste catálogo como mostra do sector artesán foron feitas e deseñadas por un total de 66 obradoiros. Estes artesáns representan oficios como a marroquinería, a olería e a cerámica, a forxa, a cestería contemporánea, o téxtil, o encaixe ou a tornería de madeira. Ademais inclúese tamén a elaboración de redes ou pezas de miga de pan, colares, coitelos, a xoiería, o calzado, a pintura téxtil, os bonecos e xoguetes e os instrumentos musicais, así como a elaboración de bicicletas e táboas de surf, cadros e lámpadas.

O artigo A Xunta de Galicia presenta o catálogo de Artesanía de Galicia como nova ferramenta de promoción das pezas de marca publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A Xunta de Galicia convoca os Premios do Comercio Galego 2019 https://comercio360.gal/a-xunta-de-galicia-convoca-os-premios-do-comercio-galego-2019/ Tue, 24 Sep 2019 09:10:32 +0000 https://comercio360.gal/?p=2704 A convocatoria publícase hoxe no DOG. Es un comercio que sitúa ao cliente no centro da túa estratexia? Personalizas os teus servizos ou produtos? Integras xa no teu comercio a canle dixital? Se es un establecemento innovador, se utilizas ferramentas dixitais e tes algo que te fai diferente, tes ata o 24 de outubro para […]

O artigo A Xunta de Galicia convoca os Premios do Comercio Galego 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A convocatoria publícase hoxe no DOG.

Es un comercio que sitúa ao cliente no centro da túa estratexia? Personalizas os teus servizos ou produtos? Integras xa no teu comercio a canle dixital? Se es un establecemento innovador, se utilizas ferramentas dixitais e tes algo que te fai diferente, tes ata o 24 de outubro para presentar a túa candidatura.

A Xunta de Galicia concede un ano máis os Premios do Comercio Galego como un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que aproveitan todos os recursos á súa disposición para achegar a súa oferta aos seus clientes. Tamén premia ás asociacións de comerciantes que empreguen novas tecnoloxías.

As categorías ás que se poden optar son:

a) Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 9.000 euros.

b) Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros por provincia.

c) Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.

O Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes elixirase entre aquelas asociacións que poñan en práctica proxectos tecnolóxicos vinculados ao comercio que inclúan presenza na rede, utilización de novas tecnoloxías e incrementen a fidelización e os servizos prestados aos clientes.

Xunto coa solicitude o establecemento deberá presentar unha breve memoria explicativa. O fallo dos Premios do Comercio Galego 2019 farase público nun acto no mes de decembro, convocado coa debida antelación, onde estarán invitados todos os candidatos e se fará entrega dos Premios.

Podes presentar a túa candidatura aquí, onde tamén se atopa toda a información da convocatoria:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN214C

O artigo A Xunta de Galicia convoca os Premios do Comercio Galego 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Rede de comercios e mercados no Camiño: próxima publicación no DOG https://comercio360.gal/rede-de-comercios-e-mercados-no-camino-proxima-publicacion-no-dog/ Fri, 20 Sep 2019 09:52:23 +0000 https://comercio360.gal/?p=2698   O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a nova Rede de comercios e mercados no Camiño, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021, potenciará as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago. Esta iniciativa de apoio ao pequeno comercio, que entronca co obxectivo estratéxico do […]

O artigo Rede de comercios e mercados no Camiño: próxima publicación no DOG publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a nova Rede de comercios e mercados no Camiño, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021, potenciará as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago.

Esta iniciativa de apoio ao pequeno comercio, que entronca co obxectivo estratéxico do Goberno galego, como é o Ano Santo, foi abordada esta mañá polo Consello da Xunta. Na rolda de prensa posterior, Rueda destacou que a Rede busca a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados na ruta; mellorar os servizos que reciban os peregrinos; e fidelizar aos clientes, fomentando a relación online cando volvan aos seus lugares de orixe.

O vicepresidente da Xunta recordou que Galicia conta cun Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia 2015-2020 e coa iniciativa Comercio 360. Así mesmo, detallou que existe unha Estratexia cara ao Xacobeo 2021.

Á Rede, dixo, poderanse sumar os establecementos comerciais e os vendedores de prazas de abastos, e tamén as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados.

Máis polo miúdo, Rueda explicou que o Diario Oficial de Galicia publicará nas vindeiras semanas a orde que regula a Rede e que incluirá tamén axudas que poderán chegar ata 2.800 euros por beneficiario.

 

O artigo Rede de comercios e mercados no Camiño: próxima publicación no DOG publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2019 https://comercio360.gal/convocatoria-dos-premios-artesania-de-galicia-2019/ Mon, 19 Aug 2019 10:05:06 +0000 https://comercio360.gal/?p=2683   A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2019 que constan de tres modalidades: Premio Artesanía de Galicia 2019, dotado de 9.000 euros, Premio Traxectoria, de carácter honorífico e Bolsa Eloy Xesto, dotada de 4.000 euros para investir en formación especializada […]

O artigo Convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2019 que constan de tres modalidades: Premio Artesanía de Galicia 2019, dotado de 9.000 euros, Premio Traxectoria, de carácter honorífico e Bolsa Eloy Xesto, dotada de 4.000 euros para investir en formación especializada nun centro de prestixio. As solicitudes poderanse presentar entre o 14 de setembro de 2019 e ata o 21 de outubro de 2019 tal e como se recolle na convocatoria publicada hoxe.

O Premio Artesanía de Galicia está dirixido a talleres artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual: deseño, adaptación ou conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, incorporación de tendencias, innovación e calidade da obra.

O Premio Traxectoria ten carácter honorífico e será outorgado atendendo ás propostas do propio sector. O obxectivo é recoñecer a traxectoria profesional consolidada dun profesional da artesanía galega, a súa contribución, calidade e compromiso coa divulgación e coa transmisión dos principais valores positivos no campo da nosa artesanía. O galardón está dirixido a artesáns en activo ou retirados que estean ou estivesen inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de, polo menos, 20 anos. As candidaturas poderanas presentar talleres rexistrados, asociacións profesionais de artesáns de Galicia ou outras entidades públicas ou privadas.

A través da Bolsa Eloy Xesto a Xunta busca potenciar a substitución xeracional no sector, o acceso de novos talentos á artesanía e a súa profesionalización. Premiarase a candidatura que presente unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun taller artesanal de referencia no campo da artesanía e do deseño. Valorarase o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende conseguir con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxías, o currículo da persoa candidata e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terá en conta o grao de madurez, a calidade na presentación da proposta, así como a colaboración entre distintas actividades artesanais. Poderán participar todos os artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cunha idade máxima de 40 anos no ano 2019.

O xurado estará presidido pola directora xeral de Comercio e Consumo ou persoa en quen delegue. Como vogais actuarán profesionais e persoas expertas de recoñecido prestixio no campo da artesanía, do deseño e do comercio. A secretaría recaerá na persoa xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, que participará con voz pero sen voto. O fallo dos Premios Artesanía de Galicia 2019 farase público nun acto convocado coa debida antelación.

O artigo Convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Últimos gañadores do certame Comercio con talento https://comercio360.gal/ultimos-ganadores-do-certame-comercio-con-talento/ Fri, 02 Aug 2019 19:00:45 +0000 https://comercio360.gal/?p=2667 Sol Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo,  entregou os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase […]

O artigo Últimos gañadores do certame Comercio con talento publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Sol Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo,  entregou os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.

Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

 

QUEIXERÍA PRAZA DE VIGO

 

Proposto polo estudante Borja López, que amosou no seu traballo o coidado deste establecemento na elección da selección dos queixos, nacionais e internacionais, de calidade e con gran variedade de produto. Está situado na Coruña.

 

VARASTON

 

Proposto por Cristina Fernández, defínese como una utilería, situada na Coruña, de fogar e papelería, combinando tradición, calidade e deseño.

 

ZOCO DECO

 

Zoco Deco, situado en Lugo, foi proposto polas estudantes María Armiño e Paula Vergara do CIFP As Mercedes, conta cunha coidada selección de produto e destaca a súa aposta pola dixitalización.

 

MEKKDES

 

Mekkdes é unha marca  trendy e desenfadada. As cidades máis  cool ( NY, Berlín, Londres, París e Barcelona​) inspiran o universo  Mekkdes;  reinterpretando as tendencias de cada unha delas. O ” sportswear” americano fusiónase cos aires ” trendy” europeos; conseguindo un resultado en forma de cápsulas  Sport-Elegante de Edicións Limitadas que nunca renuncian á súa máxima: ofrecer pezas aptas para o día a día. O seu primeiro establecemento comercial está situado en Vigo, na rúa Manuel Núñez. Foi proposta pola estudante Xiana Giráldez.

 

O artigo Últimos gañadores do certame Comercio con talento publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Máis gañadores do certame Comercio con talento https://comercio360.gal/mais-ganadores-do-certame-comercio-con-talento/ Fri, 02 Aug 2019 18:47:58 +0000 https://comercio360.gal/?p=2654 A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, vén de entregar os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de […]

O artigo Máis gañadores do certame Comercio con talento publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, vén de entregar os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.

Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

 

MARAVALLA

 

Maravalla: proposta por Andrea Riveiro, do Pontepedriña I.E.S, vende marabillosos xabóns e está situada a rúa das Orfas de Santiago de Compostela.

 

COLMADO DA VILA

 

Uxía Jorge foi a estudiante que propuxo este establecemento que conta con puntos de venda na rúa Alfredo Brañas de Santiago de Compostela e na rúa Escultor Ferreiro de Noia.

 

PEPA A LOBA

 

Situado en Ordes, este establecemento destaca pola súa venta de artigos de deseño e artesáns. Foi proposto por Ana Varela, do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña.

 

O artigo Máis gañadores do certame Comercio con talento publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Gañadores do certame Comercio con talento https://comercio360.gal/ganadores-do-certame-comercio-con-talento-2019/ Fri, 02 Aug 2019 18:17:15 +0000 https://comercio360.gal/?p=2637 A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, vén de entregar os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional. Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de […]

O artigo Gañadores do certame Comercio con talento publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, vén de entregar os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.

Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

 

CRAFTY LU

 

Mercería situada na avenida de Hércules na Coruña, elixida pola estudiante Laura Fraguío. Ofrece materiais para manualidades e costura e organiza cursos para a súa clientela.

 

AI CARMIÑA

 

Ai Carmiña é un obradoiro de arranxos florais especializado en decoración de vodas, elixido pola estudiante Judit Campoy, está en Orillamar (A Coruña).

 

CO CLUB

 

Co Club: elixida por Iris Martínez, do colexio Mediño, destaca pola súa proposta #adoptaunaprenda, de economía circular.

 

O artigo Gañadores do certame Comercio con talento publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>