Comercio 360 Novas Tendencias

Xornada Comercio 360 ECO

 

O vindeiro 10 de xullo, a partires das 10:00h, terá lugar en Santiago de Compostela a Xornada Comercio 360 ECO, para falar de sostibilidade, medio ambiente e comercio.

Inaugurada pola Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez Abeal, contará coa participación de Ecoembes e da Fundación Ecoalf, que falarán de economía circular e da reutilización como produción responsable.

Tamén compartiranse experiencias nunha mesa formada por comerciantes e artesáns da nosa Comunidade Autónoma. Lily and White, Orballo e representantes da Asociación de Redeiras Illa da Estrela (Corme), intercambiarán puntos de vista e amosarán algunhas das oportunidades que ofrece a sostibilidade nos sectores do comercio e da artesanía.

Nesta xornada, informarase das axudas dispoñibles para fomentar, entre outros, o packaging sostible e proxectos de economía circular e presentarase o proxecto E-ticket, impulsado pola Xunta de Galicia, coa colaboración da Federación Galega de Comercio.

Todos os detalles do programa, aquí.

Inscricións: Tel. 981 545 591// cei.dxc@xunta.gal
Localización da xornada: Finca da Rocha

📍Rúa da Volta do Castro, 34-40
15706, Santiago de Compostela
A Coruña
GPS: 42.865327, -8.566643

 

Síguenos

Nas redes