Novas Tendencias

Vantaxes das redes sociais para o comercio de proximidade

Os cambios continuos no ámbito de Internet e as súas canles sociais fan que os negocios teñan que estar en constante evolución para adaptarse aos novos xeitos de comunicarse e interactuar cos seus clientes e os seus potenciais compradores. A aparición das redes sociais trouxo consigo moitas vantaxes para o comercio de proximidade, pero tamén novos retos aos que terá que enfrontarse. O que está claro é que abren un abanico inmenso de novas posibilidades de venda que pode ser moi útil aproveitar.

Novas posibilidades para o comercio de proximidade:

1.- Son un escaparate gratuíto 24/365 para os artigos da tenda.

En calquera momento e dende calquera lugar os compradores poden coñecer produtos dun negocio ao que nunca acudiran ou do que non oíran falar antes. Por iso é moi importante coidar a información e as imaxes que se comparten. Se ben é difícil dispor de recursos económicos para contratar a un fotógrafo profesional nun pequeno negocio, sempre se pode aportar o plus de compartir imaxes artísticas, orixinais, con filtros, que ademais axudarán a amosar o carácter da compañía.

2.- O público deixa de ser local ou atonómico e convértese en nacional ou global. 

Independentemente de que a estratexia do comercio sexa puramente local, as redes sociais serán un boca a boca expoñencial que permitirá que se coñeza a moitos quilómetros da súa localización xeográfica. Isto permite explorar novas canles e oportunidades de venda, así como de expansión do negocio.

3.- Axudan a fidelizar o cliente.

A través de comunicacións estables e de propostas orixinais, o comercio de proximidade pode fidelizar aos seus compradores habituais. Ofrecer descontos, promocións, informar sobre cambios de horarios ou datas de peche por vacacións… permiten un contacto constante co cliente, independentemente de onde estea.

As redes sociais abren un abanico inmenso de nova posibilidades de venda que pode ser moi útil aproveitar.

4.- Xeran diálogo sobre el negocio.

Un cliente pode compartir a súa experiencia de compra, falar do produto que adquiríu e atraer e convencer a outros que non o coñecían e serán novos compradores. A credibilidade que ten calquera comentario que lemos nas redes sociais dun amigo é moi superior á da publicidade. E aínda que non sexa amigo ou familiar, os últimos estudos amosan que o 86% dos usuarios admiten que as opinións doutros compradores marcan a súa decisión de compra.

5.- Son unha canle postventa moi útil.

Arranxos, cambios, solucións, contacto co servizo técnico… as redes sociais son un espazo no que o cliente e o propietario ou dependente poden falar de ti a ti. Atender a unha persoa insatisfeita pode permitir subsanar erros e non perdela. A capacidade de resolución satisfactoria de conflictos é algo moi valorado polo consumidor que, consciente de que todos cometemos erros, ve con bos ollos que o seu proveedor lle ofreza solucións.

6.- Permiten coñecer e segmentar clientes.

A información que as redes sociais teñen dos seus usuarios é moi útil á hora de chegar a eles. Os anuncios nelas, ademais de ter a vantaxe de que son moito máis económicos que en medios convencionais, permiten segmentar por localización, idade, xénero, gustos, aficións, etc. Isto permite ao negocio que se publicita chegar de forma moito máis eficiente ao seu público potencial. Independentemente de que o comercio decida apostar ou non por publicidade de pago, as redes sociais constitúen unha canle de comunicación 24/365 na que coñecer as opinións, gustos e hábitos do seu público, unha información moi valiosa para canalizar os esforzos do equipo do negocio.

7.- Axudan a mellorar.

Grazas aos comentarios e ás críticas constructivas dos clientes o comercio de proximidade sabe en que pode mellorar, que alternativas pode ofrecer, que buscan os seus clientes e que lles gusta do seu negocio. Esta información é un bo sustituto gratuíto dos estudos de mercado en forma de diálogo directo co comprador, co que os datos obtidos son reais e moi actuais.

Hai que ter en conta que a imaxe en Internet é moi importante, en moitos casos é decisiva á hora de apostar por unha tenda ou outra. Por iso hai que medir as forzas e ter un calendario, porque é mellor non estar que ter as redes sociais abandonadas.

 

Síguenos

Nas redes