Comercio 360 Novas Tendencias

Últimos gañadores do certame Comercio con talento

Sol Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo,  entregou os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.

Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

 

QUEIXERÍA PRAZA DE VIGO

 

Proposto polo estudante Borja López, que amosou no seu traballo o coidado deste establecemento na elección da selección dos queixos, nacionais e internacionais, de calidade e con gran variedade de produto. Está situado na Coruña.

 

VARASTON

 

Proposto por Cristina Fernández, defínese como una utilería, situada na Coruña, de fogar e papelería, combinando tradición, calidade e deseño.

 

ZOCO DECO

 

Zoco Deco, situado en Lugo, foi proposto polas estudantes María Armiño e Paula Vergara do CIFP As Mercedes, conta cunha coidada selección de produto e destaca a súa aposta pola dixitalización.

 

MEKKDES

 

Mekkdes é unha marca  trendy e desenfadada. As cidades máis  cool ( NY, Berlín, Londres, París e Barcelona​) inspiran o universo  Mekkdes;  reinterpretando as tendencias de cada unha delas. O ” sportswear” americano fusiónase cos aires ” trendy” europeos; conseguindo un resultado en forma de cápsulas  Sport-Elegante de Edicións Limitadas que nunca renuncian á súa máxima: ofrecer pezas aptas para o día a día. O seu primeiro establecemento comercial está situado en Vigo, na rúa Manuel Núñez. Foi proposta pola estudante Xiana Giráldez.

 

Síguenos

Nas redes