Comercio 360 Novas Tendencias

Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de pór en marchar unha orde de axudas para impulsar a transformación ou mellora no ámbito dixital do sector comercial e artasanal, a modernización integral dos locais comerciais, e a expansión dun sector comercial que está evolucionando e transformándose para satisfacer os cambios que a clientela demanda, mediante a apertura dun novo establecemento e/ou mediante a posta en marcha de proxectos piloto pop up e concept store.

Con este fin, o proxecto de Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 está consignado crédito por importe de 3.800.000,00 €, con cargo á aplicación presupostaria 09.30.751A.770.1, «Dixitalización e innovación do sector comercial», para atender ás axudas desta orde.

O 26 de abril publicáronse no DOG as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concurrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e procedeuse á súa convocatoria para o presente ano 2019.

A convocatoria e bases reguladoras están dispoñibles aquí.

 

Síguenos

Nas redes