Protagonistas

Alberte Pérez, de Queixería Praza do Campo: “Se tes venda en liña, vas máis aló da contorna local”

queixeria3Un dos hashtags que utiliza Alberte Pérez nas súas redes dio todo: #queixoconrostro. “É unha chamada á reflexión sobre as persoas que están detrás de cada produto artesanal que vendemos na tenda, grandes descoñecidos asentados no medio rural, que consenten á súa  gandería cos mellores pastos e non coñecen domingos nin festivos”. Por eles aposta o promotor da Queixería Praza do Campo, na que vende fundamentalmente queixos de toda España, así como algunhas outras referencias europeas.

“Non son grandes multinacionais nin industrias, son familias de produtores artesáns que teñen dificultades para chegar a contornas urbamos e aquí facémolo posible, son queixos marabillosos e sorprendentes, que merece a pena realzar e achegar ao público”, explica Alberte, quen non dubidou en situar o seu negocio en pleno centro histórico de Lugo, despois de dar os seus primeiros pasos nun posto do mercado de abastos. “Alí vendía un pouco de todo e deime conta de que debía especializarme”, explica este lucense con ascendientes familiares na gandeira comarca de Terra Chá.

“Quero que cando alguén de Lugo pense en queixo pense en min”

A súa máxima: “Quero que cando alguén de Lugo pense en queixo pense en min”. Pero non só iso, porque Alberte sabe do atractivo turístico do centro histórico de Lugo e da súa muralla, un orgullo para veciños e un gancho para os foráneos que compran na súa tenda. Firme defensor da peonalización dos centros históricos, considera que favorece o comercio local, a hostalería e o fluxo de turistas: “Xera riqueza e desenvolvemento económico, e ao mesmo tempo creamos espazos para o cidadán, onde pasear cos nenos e sen o fume dos coches”.

“A tendencia de crecemento do comercio en liña é continua en España e en Europa”

Ademais da especialización, outro punto forte da Queixería Praza do Campo é a conexión co cliente: “Fago pedagoxía con eles, de quen tamén aprendo, ofrézolles probar os  queixos e vou coñecendo as súas preferencias, nunca é unha compra a cegas”. Iso explica que teña clientes fieis, “como unha parella de Ourense que cada un ou dous meses só vén a Lugo a comprarme o queixo, e outro cliente de Lugo, co que me cruzo todas as mañás e que acaba contándoche os resultados da súa analítica, que ten o colesterol perfecto… é moi gratificante este un a un, ao final con algúns acabo indo tomar algo e xa só por estas recompensas merece a pena cando tes un mal día, que todos os temos”.

queixeria4Os clientes e amigos tamén chegan por internet: “Teño perfís en Facebook, Twitter e Instagram e hoxe mesmo entroume unha mensaxe de agradecemento, porque unhas nais pedíranme unha variedade de queixos para un profesor dos seus fillos e respondinlles enseguida, explicándolles as opcións… esa axilidade encantoulles e dinme que en breve virán á tenda”.

A venda en liña non tardará moito: “Levo un ano metendo datos nun programa de xestión integral que me vai a permitir controlar todo, as compras en liña e en tenda, o almacén, a comunicación co cliente, asociarlle un cartón ou un número de socio, e iso facilitarame atenderlle mellor, porque algúns me piden que lles dea un queixo como o que levaron a semana pasada e cando xa tes moitos clientes é difícil lembrar”.

Alberte sabe que o “retorno do esforzo non será inmediato pero a tendencia de crecemento do comercio en liña é continua en España e en Europa”, e é unha canle máis que se retroalimenta coas redes sociais, os medios de comunicación convencionais e as actividades que organiza na tenda física. “Cando a TVG falou da miña tenda dixéronme por Facebook que me vían en Luxemburgo e se tes venda en liña esa xente pódeche comprar, vas máis aló da contorna local”.

FICHA:

WEB: http://www.queixeriaprazadocampo.es/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/queixeriaPrazadoCampo/?fref=ts
INSTAGRAM: https://www.instagram.com/queixeriapcampo/

Síguenos

Nas redes