Comercio 360 Novas

O comercio galego de proximidade reinvéntase coas novas tecnoloxías

O esforzo dos comerciantes galegos por reinventarse nace da súa aposta pola aplicación das novas tecnoloxías, o que permite o impulso do comercio 360, un dos retos polos que aposta Galicia para que o novo modelo de comercio intelixente sitúe ao cliente no centro da súa estratexia, dándolle así un trato máis personalizado.

Os desafíos dunha sociedade cambiante levan ao comercio da comunidade a buscar novas ideas e servizos cos que garantir ás necesidades dos clientes. Por este motivo, a aposta pola venda a través de internet, que complementa a experiencia de compra nos diferentes canais, é unha ferramenta estratéxica para un sector que suma máis do 11 por cento do PIB galego e o 17 por cento do emprego de Galicia.

+ info en El Ideal Gallego

Síguenos

Nas redes