Protagonistas

Moito Conto: Moito máis ca unha libraría

Moito Conto abriu o 10 de decembro de 2014 na rúa San Andrés da Coruña porque Esther quería un espazo grande e no casco histórico da cidade, no epicentro do ambiente cultural.

Ela sempre traballou no mundo do libro, tiña moi claro que quería montar o seu propio negocio e transmitir a súa propia filosofía aos clientes, “unha libraría de libreiros, como as de toda a vida, para chegar aos lectores”.

É o seu proxecto persoal pero son 3 persoas na tenda, coa axuda a tempo parcial doutra. Por iso, comenta: “Coidamos moito a imaxe da tenda, a forma na que mostramos os libros, que temos o costume de pór de frente, e tamén contamos cunha zona de nenos”.

As redes sociais axúdanlles moito, especialmente Instagram, onde hai moito público lector e recomendador, unha gran comunidade lectora, moi superior á de Facebook.

“A Coruña necesitaba una libraría alegre, vital, chea de enerxía. Non é só una libraría, é un espazo cun concepto moito máis amplo para compartir, coñecer…”. E por iso, ademais de ofrecer libros nun espazo diferente ao que estamos acostumados cando imos a unha libraría, montan actividades: presentacións, contacontos, recitais poéticos e teñen tres clubs de lectura (lectura, natureza e nenos), para captar lectores.

En canto a súa presenza en Internet, explica que as redes sociais lles aporta moito máis que a páxina web. “A web é un pequeno escaparate do noso negocio. A nosa asignatura pendente é montar a tenda online, que é algo que temos pendente para o ano que vén”.

As redes sociais axúdanlles moito, especialmente Instagram, onde hai moito público lector e recomendador, unha gran comunidade lectora, moi superior á de Facebook. “Un libro colgado en Instagram véndese axiña, varios exemplares, ó día seguinte como moito”.

Elixen os libros pola calidade, porque están ben editados e atendendo a que a historia sexa interesante e para poder facelo, están moi ao día do que as editoriais contan nas redes. Ademais, manteñen un contacto constante con editoriais independentes, tradicionais, editores e escritores. Neste sentido, Esther coméntanos: “Vendemos todo tipo de libros para toda a familia pero é un público lector habitual”.

Á hora de fidelizar aos seus clientes, consígueno coa boa atención, traballan moito coa reserva de libros, pedindo exemplares que non teñan pero o cliente solicite, sempre cun sorriso.

Sobre as cualidades que se teñen que ter no comercio de proximidade, explica que son moitas: “Hoxe o comerciante ten que ser escaparatista, director de RRHH, xestor do seu propio marketing, empático co público, cos proveedores e os empregados… ten que estar continuamente en evolución”.

Con respecto á idea dos premios Comercio 360 da Xunta, comenta: “Que che recoñezan este talento resulta reconfortante, polo número de horas que adicamos ao noso traballo, que non é un traballo, é un estilo de vida”.

Moito Conto foi a empresa gañadora do premio Comercio 360 A Coruña 2017 da iniciativa Comercio 360 Galicia da Xunta.

 

FICHA:

WEB: http://moitoconto.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/MOITO-CONTO-837974579569409/timeline
INSTAGRAM: https://www.instagram.com/moitoconto/
TWITTER: https://twitter.com/Moito_Conto

Síguenos

Nas redes