A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, vén de entregar os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.
Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.
MARAVALLA
Maravalla: proposta por Andrea Riveiro, do Pontepedriña I.E.S, vende marabillosos xabóns e está situada a rúa das Orfas de Santiago de Compostela.
COLMADO DA VILA
Uxía Jorge foi a estudiante que propuxo este establecemento que conta con puntos de venda na rúa Alfredo Brañas de Santiago de Compostela e na rúa Escultor Ferreiro de Noia.
PEPA A LOBA
Situado en Ordes, este establecemento destaca pola súa venta de artigos de deseño e artesáns. Foi proposto por Ana Varela, do IES Ramón Menéndez Pidal de A Coruña.