Protagonistas

KRACK: Os beneficios dunha excelente xestión do e-commerce

Falamos con Marcelo Toural, xerente de Krack, unha empresa galega que vén de cumprir 25 anos no sector do calzado e que está en medio dun proceso de forte expansión grazas, en gran parte, á súa excelente posición en Internet. Sen dúbida o seu crecemento amosa os beneficios da aposta polas posibilidades do novo marketing. Fano todo desde dentro, no propio equipo: coñecen o produto, os seus puntos fortes e loitan diariamente por superarse. O éxito do seu bo facer é máis ca obvio: 22 tendas a pleno rendemento en toda España máis unhas máis que notables vendas a través da canle online. Sen dúbida están a facer moitas cousas moi ben.

Hai tres anos decidiron ampliar a súa presencia na rede, como parte do cambio estratéxico no que están inmersos dende hai cinco, que lles permitiu abrir 18 tendas máis. Actualmente Internet representa a cuarta tenda con maior facturación. As vendas deste ano duplicaron as do pasado. Con máis de 32.000 seguidores en Facebook, 21.700 en Instagram e arredor de 2.700 en Twitter, a súa aposta polo Social Commerce é máis ca evidente.

“Somos multimarca: temos 50% marcas coñecidas e 50% marcas nosas, de deseño e fabricación propia, cun sistema similar ao de Inditex, nun par de meses está o produto en tenda”.

“Cando abrimos unha tenda física nun sitio iso aumenta de xeito exponencial as vendas da tenda online, é un efecto complementario”. A xente achégase a tenda, coñece o produto, a calidade e o servizo e a partir de aí a acción de dotar de credibilidade á marca está conseguida. Se se dan facilidades para mercar online, todo apunta ben.

“Somos multimarca: temos 50% marcas coñecidas e 50% marcas nosas, de deseño e fabricación propia, cun sistema similar ao de Inditex, nun par de meses está o produto en tenda. Estamos rotando todo o tempo o produto. Nos deseños participa persoal da tenda, de marketing, de produción… non temos departamento de deseño”.

Teñen dous proxectos diferenciados: un baseado na aposta polo deseño das marcas propias e outro centrado na tenda online.

krack-smartcommerce-xunta2

Entre as facilidades de venda que ofrecen en Krack na súa tenda online está o cambio de talla gratis, as entregas en 24 horas a tenda e a domicilio e as devolucións a 365 días.

Marcelo explicounos a firme aposta de Krack pola fidelización dos clientes, que pasa por dous programas diferenciados: na tenda física e na tenda online. A súa estratexia pasa pola xeración de sinerxias entre ambas canles. Exemplos desta dinámica son os agasallos ás persoas que máis compras fixeron ou o Black Friday por adiantado. Informan aos clientes constantemente das súas promocións a través das redes sociais e das newsletters, intentando sempre non agobiar.

krack-smartcommerce-xunta

Finalmente preguntámoslle polas vendas. O 80% son en Galicia, Madrid e Barcelona. Curiosamente nesta última cidade non teñen tenda física, pero o efecto arrastre que conseguen con bloggers e influencers dá os seus froitos.

FICHA:

WEB: http://www.krackonline.com/
FACEBOOK: https://facebook.com/krackonline
TWITTER: https://twitter.com/krackonline
INSTAGRAM: https://instagram.com/krackonline
PINTEREST: https://pinterest.com/krackonline
YOUTUBE: https://www.youtube.com/user/KRACKzapaterias

Síguenos

Nas redes