Tendencias

Internet, unha canle decisiva para as compras deste Nadal

As últimas cifras sobre aceso a Internet e shopping online non deixan lugar a dúbidas: cada vez buscamos máis información na rede antes de mercar e cada vez facemos máis compras online. Isto significa que para o Comercio 360, Internet é cada vez unha canle máis interesante para dar a coñecer os seus productos e incluso vendelos.

Máis de 22,2 millóns de españois acceden a Internet a diario e o 78,7% de toda a poboación entre 16 e 74 anos conéctase regularmente, segundo os datos da 16 edición do informe “La Sociedad de la Información en España”. A tendencia a informarse na rede é cada vez maior, ata o punto de que o 80% das persoas consultan en Internet antes de mercar. O 63% dos usuarios de Internet utiliza as redes sociais para conseguir información sobre as súas marcas preferidas e máis da metade desconfía das que non teñen presenza en redes sociais.

O informe “Las TIC en los hogares españoles”, realizado polo Observatorio Nacional de las Telecomunicaciones y de la Sociedad de la Información (ONTSI), que inclúe os datos do primeiro trimestre de 2016, amosa unha tendencia á alza no ecommerce español. Un tercio dos usuarios xa merca a través de Internet.

O ecommerce chegou a facturar 5.414,1 millóns de euros en España durante o primeiro trimestre de 2016, un 21,5% máis ca nos mesmos meses do ano anterior, segundo as estatísticas da Comisión Nacional de los Mercados de la Competencia (CNMC), e os pronósticos indican que a tendencia é a seguir medrando.

Xa mercamos en calquera momento e calquera lugar:

As cifras dos informes presentan un escenario moi favorable para apostar pola venda online: Segundo o estudio de Deloitte “Consumo móvil en España”,  o 88% dos españois ten un smartphone e o 47,9% das compras online de España fanse a través de teléfono móbil. Somos o segundo país do mundo con máis smartphones, só por detrás de Singapur.

Ademais, gústanos mercar online e facelo aquí: as compras en España a tendas online da mesma nacionalidade sufriron un incremento dun 25,3% respecto a 2015.

O sector da moda é un dos que amosa unha maior penetración en vendas online e a tendencia é agora cara o crecemento. Segundo o “II Estudio sobre la Confianza de los españoles en las compras de moda online” de Showroomprive e Confianza Online, 0 70% dos clientes españois asegura ter adquirido máis moda por Internet entre xaneiro e xullo de 2016 ca no mesmo periodo de 2015.

Nadal, un dos picos máis grandes de vendas online

Actualmente, arredor do 19% das compras que realizamos en Nadal veñen da canle online e a tendencia consolídase: o 91% dos que mercaron por Internet no pasado Nadal afirman ter a intención de repetir en 2016.

agasallo-nadal-smartcommerce

O próximo 25 de novembro terá lugar unha nova cita co Black Friday, o punto de partda das compras de Nadal. Milleiros de empresas de todo o mundo ofrecerán de novo descontos en artigos postos á venda tanto na canle online como en tenda física.

O Ciber Monday, a xornada de resaca despois do Black Friday que permite acceder igualmente a descontos interesantes en todo tipo de productos, será este ano o 28 deste mes.

Os pronósticos de Cinco Días para o Black Friday son optimistas: “as vendas no noso país dispararanse ata os 1.235 millóns de euros, superando os 1.172 millóns de 2015 e incrementando lixeiramente o 10% que aumentou respecto a 2014”.

6 consellos útiles e sinxelos para esta campaña de Nadal:

  1. Actualiza a información sobre os teus productos na web do teu comercio.
  2. Aposta por imaxes atractivas que resalten as bondades do que vendes.
  3. Utiliza algún “gancho” que poida chamar a atención dos teus potenciais clientes e invitalos a mercar (descontos, sorteos, promocións, productos exclusivos, etc.)
  4. Informa aos teus clientes a través das redes sociais de ofertas, descontos e promocións especiais.
  5. Contesta canto antes as súas dúbidas e suxerencias en Facebook, Twitter, Instagram ou calquera outra rede social na que estea presente o teu negocio.
  6. Se tés base de datos de clientes, envíalles un e-mail de fidelización: que non se esquezan de que existes e coñezan as túas últimas propostas. Se non tés, é interesante creala pouco a pouco para futuras ocasións.

Se vas vender online non esquezas que…

  • prazo máximo por lei para entregar un producto é de 30 días naturais dende a compra, salvo que vendedor e comprador pacten previamente outro prazo.
  • Os gastos de envío e devolución pódense repercutir no consumidor sempre e cando sexa informado previamente.
  • O comprador dispón de 14 días naturais desde a recepción do producto para devolvelo.
  • No caso de que teñas máis ventas das esperadas e termines o stock, se o cliente xa efectuou a compra, debes informalo nun prazo de 14 días naturais deste feito e voltarlle os cartos.
Fotos: Mike McCunePete

Síguenos

Nas redes