Novas Tendencias

Hábitos e tendencias en compra online no 2017

Segundo recollen os datos dos últimos estudos sobre o mercado actual, os pronósticos estanse cumprindo: a canle online aséntase entre os compradores, que cada vez confían máis nel e acuden de maneira máis frecuente.

O Estudio Anual de Ecommerce 2017 do IAB indica que actualmente 7 de cada 10 internautas mercan online.  En concreto, o 73% dos internautas españois (22,4 millóns) declara que merca por Internet. Isto significa que 16,4 millóns de españois son activos no que a comercio electrónico se refire.

Unha das tendencias máis significativas é a de apostar polas dúas canles: un 3% máis de compradores recoñecen adquirir produtos en tenda física e tenda online, un 54% do total, e a tendencia indica que nos próximos anos esta porcentaxe se situará no 75%.

perfil máis habitual en compra online se sitúa arredor dos 39 anos, lixeiramente superior no caso dos homes que no das mulleres, de clase media ou media alta e residente en entornos que superan os 100.000 habitantes. Mercamos 2,9 veces ao mes e gastamos unha media de 80 euros en cada ocasión. Utilizamos o móbil no 40% das veces, aínda que o dispositivo preferido segue sendo o ordenador.

Medra significativamente o número de persoas que asegura que por comodidade, mercan online en negocios que dispoñen de ambas canles de venta. O ano pasado era do 66% e en 2017, do 73%. Tamén se nota un descenso dun 5% nas preferencias dos usuarios polas compras en webs de ofertas e cupóns, polas que só o 47% asegura apostar.

Viaxes, ocio e tecnoloxía lideran as categorías de maior compra online (75%, 72% e 67% respectivamente), seguidas moi preto por moda (60%), alimentación (53%) e fogar (53%). O destinatario do 80% das compras é un mesmo.

Prezo, envío, confianza e servizo postvenda  son os puntos máis importantes para os compradores online e a recomendación de amigos e familiares (89%) e as opinións doutros usuarios (86%) marcan as decisións de compra.

Síguenos

Nas redes