Comercio 360 Novas Tendencias

Subvencións para dixitalización e modernización de pequenos comercios

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de poñer en marcha unha orde de axudas para impulsar a transformación dixital do sector comercial e artesanal de cara á súa adaptación ás novas tendencias de mercado e para que sexan un motor de crecemento das nosas vilas e cidades.

Con este fin, no proxecto de Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 está consignado crédito por importe de 3.174.000 €, con cargo á aplicación presupostaria 09.30.751A.770.1, “Dixitalización e innovación do sector comercial”, para atender ás axudas desa orde.

O 1 de febreiro publicáronse no DOG as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais, e procedeuse á súa convocatoria para o presente ano 2018.

A convocatoria e bases reguladoras están dispoñibles neste enlace ao DOG.

Síguenos

Nas redes