Comercio 360 Novas Tendencias

Emoción e ilusión na entrega dos Premios Comercio 360 2016

O xoves 29 de decembro o comercio de proximidade galego tivo unha cita na Cidade da Cultura con motivo da entrega dos Premios Comercio 360 2016, que queren galardoar aos comercios galegos que apostan pola innovación, as novas tecnoloxías e as máis modernas estratexias de marketing para facer medrar as súas cifras e fidelizar aos clientes.

Nun emotivo acto ao que acudíu o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, un total de seis pequenos comercios galegos conseguiron un recoñecemento ao seu esforzo diario. A Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, foi a encargada de presentar os premios e manter a tensión ata o final. Ningún dos galardoados sabía que ía recibir o premio, polo que non faltaron caras de sorpresa e emoción.

PREMIOS SMART COMMERCE 2016

Os premios contaron cun orzamento de 8.500 euros, e foron repartidos nas seguintes categorías e contías:

  • Premio SMART COMMERCE GALICIA, cunha contía de 2.000 euros, na que se incluíu o premio correspondente á provincia:

         – LILY AND WHITE (The white tree organic skin care SL)

  • Premio SMART-COMMERCE PROVINCIAL, cunha contía de 1.500 euros por provincia:

         – A Coruña: LILY AND WHITE ( The white tree organic skin care SL)

         – Lugo: SERRA ALIMENTACIÓN (Serra Castroverde SL)

         – Ourense: CIENTOSIETE (Gircuri SL)

         – Pontevedra: KRACK ZAPATERÍAS (Krack zapaterías SL)

  • Premio E-COMMERCE, cunha contía de 1.000 euros:

         – XIRO ATLANTIC DENIM (Xulián Chapela García)

  • Premio SOCIAL-COMMERCE, cunha contía de 1.000 euros:

         – CARLA LÓPEZ BAGS (Suatex Diseño SL)

premios-smartcommerce

A OPINIÓN DOS PREMIADOS:

Tódolos premiados coincidiron en agradecer as iniciativas que dende a Xunta se están a desenvolver para axudar ao comercio de proximidade na complicada tarefa de renovar a súa filosofía e xeito de traballar para asegurar a supervivencia gracias a especialización, ao trato personalizado ao cliente e ao uso eficaz das novas tecnoloxías e das últimas tendencias no marketing dixital.

Sen dúbida, chamou a atención a emoción que amosou Mara Esmorís, de Lily & White, que recibíu moi agradecida dous premios que non esperaba. Carla López e Emilia Arzúa, gañadoras do premio Social Commerce, falaron dos retos aos que se teñen que enfrontar as startups galegas que queren saír a diante no mercado nacional e internacional, entre os que destacaron a necesidade de inversión dende as institucións e dende grandes empresas e todo tipo de organismos para que as grandes ideas nadas en Galicia poidan dar o salto máis aló das nosas rúas. Marcelo Toural, xerente de Krack, fixo fincapé na importancia da aposta polas novas oportunidades de negocio que facilita a rede. Dende Serra Alimentación deixáronnos constancia de que o inxenio á hora de desenvolver iniciativas innovadoras, incluso en poboacións pequenas, pode traer grandes beneficios. En canto a Xiro e Ciento Siete, son un dos mellores exemplos da boa acollida por parte dos clientes da personalización e a aposta polo comercio sostible.

No que coincidiron tódolos premiados foi en recoñecer a importante tarefa que está e desenvolver a Xunta a través de Internet e das redes sociais a nivel informativo e formativo.

Sen dúbida, queda moito por facer no comercio de proximidade galego, pero, como dixo o Francisco Conde, as cifras amosan que imos na boa dirección.

Síguenos

Nas redes