Comercio 360 Novas

Conde destaca o papel clave da vangarda comercial galega como elemento tractor para todo o sector

O presidente da Xunta, Alberto Nœ–ez Feij—o, asistir‡ ao Pleno da C‡mara galega. Pazo do H—rreo.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe o papel clave da vangarda comercial galega como elemento tractor para todo o sector en eidos como o comercio 360 e as vendas online. Conde participou na xornada de networking Comercio de futuro, que reuniu na Cidade da Cultura a comerciantes de toda Galicia con cinco emprendedores de éxito para compartir as experiencias nos seus respectivos negocios. Así, os responsables dos negocios La Canalla Gourmet, MYKA Deco, Las merceditas de Iria, El Ático de Gran Vía 3, Ou Queixería Praza do Campo, trasladaron os acertos e as dificultades que atoparon no seu camiño, e compartiron unha conversa cos asistentes.

Conde sinalou a estes negocios como exemplos de emprendemento no comercio galego que están a conformar unha nova paisaxe capaz de “adaptarse aos novos tempos, aos paradigmas de competitividade, aos hábitos de consumo e ás demandas dos consumidores”. Neste sentido, incidiu no papel tractor do comercio de vangarda, e na importancia da cooperación para garantir o futuro dun sector fundamental na economía galega.

O conselleiro lembrou que ao comercio se deben o 11,4% do PIB de Galicia e o 17% do seu emprego, subliñou o papel destacado que están a ter os comerciantes no traballo pola recuperación económica. Neste marco resaltou a importancia do talento dos propios comerciantes, posto de manifesto en casos como os presentes na xornada, como clave para “desenvolver novos produtos e ideas garantindo o futuro do comercio de proximidade como parte da vertebración económica e social das nosas vilas”.
“En Galicia, o comercio está a saber dar resposta ás novas necesidades con novas ideas e con esa vontade de emprender sabendo adaptarse ás necesidades dos consumidores”, dixo. Mostra diso é o crecemento de máis dun 3% nas vendas do comercio minorista no que levamos de ano, co que Galicia sitúase como a sétima comunidade con mellores rexistros en vendas; ou o emprego no sector, que incrementouse en Galicia preto dun 1% nese mesmo período.

Esa reactivación, defendeu Conde, responde non só á mellora da situación económica dos galegos, senón a que o comercio galego está a facer un esforzo importante por evolucionar, actualizarse e adaptarse ás novas realidades e aos novos hábitos de compra e de comunicación dos clientes. É a esa convicción do potencial que ten o traballo conxunto entre a Xunta e o sector, lembrou, do que naceu o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia 2015-2020, co que o Goberno galego busca acadar obxectivos como incrementar nun 15 % os emprendedores que traballan no sector, ata chegar aos 60.800 en 2020; triplicar a porcentaxe de establecementos que venden na internet, alcanzando o 14 %; e incrementar nun 10 % o número de comercios que se asocian para competir, chegando ata os 20.000.

Este plan recolle as suxestións e achegas dos propios comerciantes, apostando polo comercio de proximidade con 70 millóns de euros. Arranca con 3 retos nos que se centrarán os esforzos públicos: mellorar a competitividade do tecido comercial, impulsar ao comercio 360 -que absorberá o 40% do orzamento-, e potenciar o comercio excelente.

Un plan, defendeu o conselleiro, centrado nos clientes e nas persoas, comprometido co territorio, apostando polas ventas en Galicia e noutros mercados, polas aperturas en zonas rurais, polos centros urbáns, e polas prazas de abastos. Adaptado ademais, engadiu, aos novos tempos, apostando polo comercio 360 e a venda online, e poñendo o foco na importancia da imaxe e as redes sociais. Unha estratexia que, sinalou, aposta por un comercio sustentable e que se preocupa das familias, buscando espazos para os nenos nos centros comerciais abertos.

Síguenos

Nas redes