Tendencias

A percepción dos cidadáns respecto ao consumo mellora no último ano

O consumidor atópase en proceso mental de superar a crise. Máis aló da afectación real no seu peto, o certo é que a súa percepción é igualmente decisiva na evolución do sector, e esta mellorou considerablemente nos últimos meses. Estes son algúns dos datos máis relevantes nesta tendencia:

  • Un 37,5% dos fogares confesa que acaba gastando máis cartos no supermercado do que se propuxo ( 3,3% respecto 2014).
  • Un 25,2% declara que a crise non afectou ao seu estilo de vida e aos seus gastos ( 6,3%), e tamén declara reducir algunhas das súas medidas anticrise á hora de facer a compra.
  • Un 3,4% deixou de pensarse máis os gastos extra (en total fano un 67,4% dos fogares), e tamén baixou a proporción de fogares que deixou de comprar determinadas marcas polo seu prezo (40,6% ante un 42,5% en 2014).

Isto fará que saiamos máis, pidamos máis calidade e relaxemos a nosa disciplina de compra.

Síguenos

Nas redes