Comercio 360 Novas Tendencias

Gañadores do certame Comercio con talento

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, vén de entregar os premios do certame Comercio con talento, unha iniciativa coa que a Xunta pretende impulsar a innovación e o emprendemento no sector comercial entre o alumnado de formación profesional.

Con esta acción, na que participou estudantado de ciclos formativos relacionados co comercio de toda Galicia, búscase impulsar a participación e o contacto dos estudantes coa realidade do sector, complementando a súa formación; potenciar a innovación, o emprendemento e a incorporación do talento á actividade comercial de proximidade, así como ás pemes deste sector; e incrementar o coñecemento das novas tendencias do comercio, especialmente das novas tecnoloxías.

 

CRAFTY LU

 

Mercería situada na avenida de Hércules na Coruña, elixida pola estudiante Laura Fraguío. Ofrece materiais para manualidades e costura e organiza cursos para a súa clientela.

 

AI CARMIÑA

 

Ai Carmiña é un obradoiro de arranxos florais especializado en decoración de vodas, elixido pola estudiante Judit Campoy, está en Orillamar (A Coruña).

 

CO CLUB

 

Co Club: elixida por Iris Martínez, do colexio Mediño, destaca pola súa proposta #adoptaunaprenda, de economía circular.

 

Síguenos

Nas redes