Mara Esmorís, enxeñeira química, comenzou a súa carreira profesional en grandes multinacionais dentro e fora de España, sempre no ámbito da cosmética. De esta etapa aprendeu moitas cousas, entre elas, que “a cosmética convencional deixa moito que desexar” porque priman as estratexias de marketing e os márxenes de beneficios, algo que non encaixa co xeito que ten Mara de entender esta disciplina das ciencias da saúde centrada no cuidado da pel.
Por iso, durante a súa etapa en Barcelona onde cursou un master de cosmetología e dermofarmacia e traballaba para unha coñecida marca, “xurdiu a idea de crear unha tenda na que seleccionar e vender só produtos e marcas boas, que non requiran ao consumidor ter que ler unha longa lista de ingredientes para ver se hai algunha sustancia nociva ou non”.
Na tenda situada no Orzán asesora de xeito moi persoal a cada cliente e ademais ofrece tratamentos faciais, corporais e masaxes relaxantes. Tamén celebra talleres de automasaxe facial e automaquillaje, e charlas sobre cosmética tanto xeral como orgánica.
“Encarguei a reforma do local a un amigo arquitecto antigo compañeiro do colexio, enseguida entendeu o que quería e desde que abrimos tivo moi boa acollida”, explica Mara. Situar a tenda no Orzán foi en parte polos inasumibles prezos de aluguer das zonas comerciais máis habituais, pero agora Mara alégrase do descubrimento deste barrio da cidade, que “está a empezar a rexurdir, está moi ben situado e ten encanto”, asegura. Ademais, explica que “o noso target non é todo o mundo, senón a xente interesada en coidarse de verdade”, polo que perde sentido situarse nos núcleos comerciais de afluencia masiva.
Lily & White é un claro exemplo da retroalimentación entre as canles de venda on line e off line, incluída a visibilidade que obtén grazas ás redes sociais. “Algúns clientes locais chegan ata nós porque buscan unha marca na internet, atopan a nosa web e descobren que temos tenda física na Coruña, co que enseguida veñen por aquí”. E viceversa: os que están de paso pola cidade “entran na tenda e ao ver que lles aconsellamos honestamente e non tentamos venderlles moito e sen xeito, xérase unha confianza pola que nos seguen comprando a través de internet”.
Porque Mara foxe de vender “produtos que logo non se usan e están mortos de risa nun andel” e prefire que os seus clientes, aos que aconsella como ao amigo, “se váian contentos e ben orientados con dous produtos a que leven cinco e non volvan”.
Mara valora moito o boca orella das redes sociais: “Instagram usámolo para o público da Coruña e Facebook orientámolo a nivel nacional, así atendemos os dous mercados de xeito específico”. Destaca o beneficio que para ela supón “cando unha persoa cómpranos algo na tenda física, sen comentar moito, e logo atópome que compartiu un post noso no seu Instagram con 15.000 seguidores”.
FICHA:
WEB: http://lilyandwhite.com
FACEBOOK: https://www.facebook.com/lilyandwhite
INSTAGRAM: https://www.instagram.com/lily_and_white/