Protagonistas

Casa Serra: Tres xeracións de Castroverde confiando nesta gran familia

Cando unha empresa familiar logra sobrevivir durante xeracións, un sentimento de pertenza vive nos que a xestionan, que loitan con amor e esmero para medrar e mantela a flote independentemente de que chova ou faga sol. É o caso de Casa Serra, un supermercado que naceu en Castroverde (Lugo) no 1890 e dende entón xa viu pasar por el catro xeracións da mesma familia. Manuel, Iván e Francisco son os tres irmáns que agora traballan duro por modernizar un sector complicado nun momento difícil. O seu último éxito veu da man do xiro cara a modernización que lle deron ao negocio fai xa dous anos.

Cambiaron a imaxe do propio establecemento, apostaron pola presenza en Internet e redes sociais e incluíron iniciativas innovadoras sen deixar de lado a filosofía que lles levou ao éxito durante tantos anos: a aposta por produtos locais e primeiras marcas cun prezo alcanzable e unha atención ao cliente coidada e personalizada.

“Competimos cunha liña de diferenciación: un local acolledor decorado con materiais de Galicia e apostamos por produtos nacionais e primeiras marcas”.

“Foi unha aposta arriscada pero a clientela medrou”, explican os artífices destes trocos. Veñen de converter Casa Serra nun “sitio vivo, un negocio dinámico”no que hai cabida para iniciativas arriscadas nun pobo que ronda os 3.000 habitantes e onde a maioría da poboación supera os 50 anos.

Gracias a Internet e ás redes sociais, xente de pobos limítrofes achégase para desfrutar das degustacións que preparan as fins de semana, dos Show-cookings e, en xeral, das variadas iniciativas que lanzan que van dende talleres de cociña ata concursos de debuxo para nenos.

hermanos-casa-serra-smartcommerce-xunta2

“Hai 50.000 tendas, é moi difícil competir con elas, competimos cunha liña de diferenciación: un local acolledor decorado con materiais do pobo e de Galicia como a pedra, a madeira e a lousa, e apostamos por produtos nacionais e primeiras marcas”.

Explican que se meteron en medios dixitais para conseguir chegar a xente nova e están a recibir moi boa resposta. Ademais, esta aposta permitiulles tamén xerar dinamismo arredor do seu negocio, fidelizar a clientela habitual coas súas propostas innovadoras e chegar a un público novo.

hermanos-casa-serra-smartcommerce-xunta

FICHA:

WEB: https://serra1890.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/serra1890

Síguenos

Nas redes