Protagonistas

The Cosmethics: Autosuperación, capacidade de traballo e ideas claras

Sofía Rodríguez e Ana Vispo están detrás de The Cosmethics, unha das iniciativas innovadoras que foi galardoada na última edición dos Premios do Comercio Galego.

O 8 de decembro de 2011 Sofía abríu a tenda física de Allariz, centrada en cosmética natural de gama alta, que ela describe como “a que non se atopa habitualmente nun herbolario de cosmética natural: luxury organic”.

Xunto con Ana, a súa empregada que co tempo terminou sendo a súa socia, foise especializando cada vez máis ata que en 2012 deixou o seu traballo coa idea de lanzar unha tenda online e centrarse na súa propia aventura empresarial, especializada nun produto arriscado: descoñecido e sen presenza en España. Sofía acláranos: “A clave de que sigamos aquí é a compra. Todo o que temos, hai 20 anos non se vendía en España, a maioría son produtos innovadores. Introducimos moitas marcas en España desde Allariz. Se arriscas cun produto novo, sen publicidade en televisión e apenas en revistas e sen imaxe recoñecida, ten que ser moi bo para que a xente repita”.

Sobre o seu modelo de negocio, explica: “A metade do noso traballo consiste en saber que está saíndo. Vendemos ingredentes e resultados, ademais de fixarnos na imaxe de produto, pero é fundamental ter o produto testado para saber os resultados reais”.

Hai que especializarse moito e vender fóra de Galicia. Á empresa pequena cústalle vender fóra, hai que arriscar e hai que aproveitar agora que a coxuntura económica mellorou, hoxe hai xeitos de facelo, a través de redes sociais, por exemplo.”

A canle online xoga un papel crucial á hora de atopar clientes potenciais para a súa cosmética, seleccionada por ingredentes, resultados e pureza, non pola súa marca.

Hoxe por hoxe, a maior parte das vendas provén de Internet, co que a web ten un papel fundamental.  A súa páxina, moi especializada, centra o seu negocio en España e Europa. Define The Cosmethics como “unha web que ten un showroom, a tenda física”. “Repensamos todo coma unha web que ten o seu espazo físico”, comenta Sofía, e por iso a imaxe da web e da tenda están moi coidadas en van en consonancia.

“Sen dúbida hai que especializarse moito e saír a vender fóra de Galicia. Á empresa pequena cústalle vender fóra, hai que arriscar e hai que aproveitar agora que a coxuntura económica mellorou, hoxe hai xeitos de facelo, a través de redes sociais, por exemplo”. Sobre as redes sociais, comenta: “axudáronnos moitísimo. Introducimos marcas que non había en España a través dunha tenda de Allariz. Naquel momento Facebook era unha plataforma gratuíta para contalo e puidemos aproveitalo”.

Pero non só se trata de chegar ao cliente potencial senón tamén de fidelizalo, e nese sentido Sofía cre que en The Cosmethics “o propio produto e a experiencia de compra fidelizan ao cliente”. Recomenda que a xente merque a cosmética como unha experiencia gastronómica porque a marca non garante que o produto e o resultado sexan bos.

Mirando cara atrás, comenta: “Se volvera comezar agora, non tomaría decisións baseadas no medo porque era unha aposta arriscada, quería proxección de futuro e actuei pensando nas opinións dos demais, máis que nas miñas propias. Ana vén sendo para min un apoio moi forte en todo este tempo, a mellor socia posible, podería ter saído mal pero saíu ben”.

Neste senso, é todo un exemplo de autosuperación, capacidade de traballo e ideas claras: “Aínda que queiras montar un negocio pequeno, debes tentar pensar coma un negocio grande; aínda que non teñas unha ambición de montar unha empresa enorme hai que pensar en grande e ter en conta que vas ter que sacrificarte cinco veces máis do que imaxinas. Se estás disposto a facelo, seguramente funcione”.

Con respecto ás iniciativas para pequeno comercio promovidas desde a Xunta, comenta: “Esforzáronse moito en chegar á xente. Eu síntoos preto. Non esperaba poder chamalos directamente e poder propoñer cousas. É así como deberías falar coa Administración Pública. Desde a Dirección Xeral de Comercio fano moi ben. A nós axudáronnos moito: desde subvencións ata a súa atención cercana. Vexo un interese na Dirección Xeral de Comercio por levar ao comercio galego por donde debe ir. Non dan subvencións nin premian a comercios estáticos. Están esforzándose en ver que funciona e axudan ao comercio a modernizarse. Creo que están moi actualizados e son moi cercanos”.

Cando lle preguntamos polo premio, comenta que non contaba con conseguielo e que o invertirá en tentar facer unha mellor campaña de Nadal.

 

FICHA:

WEB: https://thecosmethics.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Cosmethics
INSTAGRAM: https://www.instagram.com/cosmethics/
TWITTER: https://twitter.com/thecosmethics
PINTEREST: https://es.pinterest.com/cosmethics/

Síguenos

Nas redes