Protagonistas

Filament2Print, un referente en produtos para impresión 3D

Filament2Print é unha empresa especializada na distribución de produtos relacionados coa impresión 3D. Comezaron a súa andadura en Ordes en abril de 2013, coa posta en marcha da súa tenda online. A impresión 3D empezaba a súa expansión e atoparon un vacío na distribución de filamento ABS y PLA xunto cos kits da Prusa i3, toda unha novidade por aquel entón no sector da impresión 3D personal. Naceron coa firme vocación de ofrecer unha gran variedade de produtos e un bo servizo no seu nicho de mercado.

Co tempo, decidiron centrarse en ofrecer a maior variedade de tipos de filamentos dispoñibles para os seus clientes e lanzar, en paralelo, liñas de produtos específicas para os clientes profesionais.

“Dedicamos un grande esforzo a conseguir un tráfico orgánico moi forte e a posicionarnos moi ben en Google.”

A súa vocación internacional levounos a apostar polo ecommerce, que lles supón a maioría dos sus beneficios. Por iso, dedican un grande esforzo a conseguir un tráfico orgánico (gratuito) moi forte e a posicionarse moi ben en Google.

Conscientes de que o ecommerce redimensiona a área de influencia dunha empresa ou negocio, teñen a súa web en catro idiomas (castelán, inglés, francés e portugués), o que lles permite chegar a un público moi amplo a nivel internacional. O salto a Portugal dérono en 2016 e no 2017 lanzaron a versión francesa da súa páxina. Grazas a esta decisión puideron ampliar a presenza ao mercado europeo, cuxo incremento é un dos retos empresariais que teñen marcados a medio prazo.

Entre os seus outros obxectivos primordiais atópanse ser o ecommerce do sector dos filamentos para a impresión 3D con maior variedade de produtos e continuar estando á última nos produtos deste mercado tan innovador.

O equipo de Filament2print está composto por catro persoas que están continuamente buscando e testeando novos produtos que poidan ser interesantes para os seus clientes, para que desta forma calquera poida probar as últimas innovacións destacadas na impresión 3D.

A experiencia coa que conta cada un dos membros do seu equipo permítelles dar o mellor servizo e apoio aos seus clientes. Grazas á suma de experiencia, servizo e variedade de produtos convertíronse nun referente no mundo da impresión 3D.

Filament2Print foi a empresa gañadora do premio Ecommerce 2017 da iniciativa Comercio 360 Galicia da Xunta.

 

FICHA:

WEB: https://filament2print.com
FACEBOOK: http://www.facebook.com/filament2print
LINKEDIN: https://www.linkedin.com/company/filament2print
TWITTER: http://twitter.com/filament2print

Síguenos

Nas redes