Comercio 360 Galicia https://comercio360.gal Pequeno comercio galego Tue, 13 Sep 2022 12:17:14 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.4.14 https://comercio360.gal/wp-content/uploads/2019/05/cropped-logo-comercio-360-1-1-32x32.jpg Comercio 360 Galicia https://comercio360.gal 32 32 Desde a Dirección Xeral de Comercio, presentamos o Concurso:  I-Comercio: idea o teu comercio! https://comercio360.gal/desde-a-direccion-xeral-de-comercio-presentamos-o-concurso-i-comercio-idea-o-teu-comercio/ Tue, 13 Sep 2022 12:08:51 +0000 https://comercio360.gal/?p=3035 Un concurso dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO que ten como obxectivo implicar á comunidade educativa, achegar o comercio local aos/as máis novos/as e concienciar sobre a importancia de desenvolver ideas de negocio innovadoras e sostibles dentro do comercio de proximidade. Para participar no concurso, o alumnado deberá imaxinar unha proposta de […]

O artigo Desde a Dirección Xeral de Comercio, presentamos o Concurso:  I-Comercio: idea o teu comercio! publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Un concurso dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO que ten como obxectivo implicar á comunidade educativa, achegar o comercio local aos/as máis novos/as e concienciar sobre a importancia de desenvolver ideas de negocio innovadoras e sostibles dentro do comercio de proximidade.

Para participar no concurso, o alumnado deberá imaxinar unha proposta de comercio local sostible, desenvolvendo unha idea de negocio de proximidade que sexa innovador porque non exista na súa zona, implante medidas que fomenten a dixitalización e que se basee nos principios do desenvolvemento sostible.

 

Consulta toda a información en: i-comercio.gal

O artigo Desde a Dirección Xeral de Comercio, presentamos o Concurso:  I-Comercio: idea o teu comercio! publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Convocatoria dos Premios Nacionais de Comercio Interior https://comercio360.gal/convocatoria-dos-premios-nacionais-de-comercio-interior/ Mon, 26 Oct 2020 17:52:27 +0000 https://comercio360.gal/?p=2988   O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de publicar a convocatoria dos Premios Nacionais de Comercio Interior. Os Premios Nacionais de Comercio Interior foron creados pola Orde do Ministerio de Economía e Facenda, de 16 de xullo de 1997, co obxecto de recoñecer a especial labor dos Concellos nas súas actividades de renovación […]

O artigo Convocatoria dos Premios Nacionais de Comercio Interior publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de publicar a convocatoria dos Premios Nacionais de Comercio Interior.

Os Premios Nacionais de Comercio Interior foron creados pola Orde do Ministerio de Economía e Facenda, de 16 de xullo de 1997, co obxecto de recoñecer a especial labor dos Concellos nas súas actividades de renovación urbá comercial no centro das cidades e dos pequenos comercios, na súa labor de desenvolvemento comercial e modernización empresarial mediante a mellora da tecnoloxía e a asociación de empresas.

 

+ Información:

 

 

O artigo Convocatoria dos Premios Nacionais de Comercio Interior publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A Xunta impulsa tres novas liñas de apoio á dixitalización por 16 M€ para facilitar a reactivación do comercio, autónomos e pemes https://comercio360.gal/a-xunta-impulsa-tres-novas-linas-de-apoio-a-dixitalizacion-por-16-me-para-facilitar-a-reactivacion-do-comercio-autonomos-e-pemes/ Fri, 19 Jun 2020 14:49:51 +0000 https://comercio360.gal/?p=2976 A Xunta activa tres novas liñas de apoio á dixitalización do comercio, o colectivo autónomo e as pequenas e medianas empresas por 16 millóns de euros para facilitar a súa adaptación á situación derivada da covid-19 e, polo tanto, a reactivación do tecido produtivo galego. Así, como recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), […]

O artigo A Xunta impulsa tres novas liñas de apoio á dixitalización por 16 M€ para facilitar a reactivación do comercio, autónomos e pemes publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A Xunta activa tres novas liñas de apoio á dixitalización do comercio, o colectivo autónomo e as pequenas e medianas empresas por 16 millóns de euros para facilitar a súa adaptación á situación derivada da covid-19 e, polo tanto, a reactivación do tecido produtivo galego. Así, como recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), a partir de mañá poderanse solicitar as axudas do programa dos cheques de dixitalización e do Galicia Exporta Dixital, aos que o Goberno galego destina nestas convocatorias 7 e 3,6 millóns de euros, respectivamente. Ademais, a próxima semana activarase unha nova convocatoria das axudas á dixitalización, dotada con 5,4 millóns de euros.

As dúas liñas publicadas hoxe, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, están dirixidas a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ao comercio, autónomos e ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade. Así, mentres o Galicia Exporta Dixital, que por primeira vez tamén se abre ao sector do comercio, promove a súa expansión internacional a través de novas canles de comercialización a partir de ferramentas dixitais innovadoras, os cheques de dixitalización teñen en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do traballo a distancia.

 

Teletraballo e impulso do rural

Destinado a microempresas, entidades de economía social e agrupacións empresariais, o programa de cheques de dixitalización achegará axudas do 80% dos investimentos realizados por proxectos que teñan como obxecto a implementación de tecnoloxías dixitais para a adaptación á situación provocada pola covid-19, como o teletraballo, as solucións de conectividade no eido rural, ou sistemas de notificación e de control sanitario e aforo, entre outros mecanismos.

Neste sentido, as axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e os gastos realizados deberán ser dun mínimo de 1500 euros e un máximo de 12.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde mañá ata o vindeiro 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito.

 

Internacionalización

No que respecta ao Galicia Exporta Dixital, a convocatoria que se abre hoxe conta cunha dotación de 3,6 millóns de euros, que se suman aos 2 millóns de euros da convocatoria anterior tamén activada este ano. Esta nova edición incorpora como novidade destacada que os comercios polo miúdo poderán acollerse ás axudas. Así, pemes e comerciantes poderán obter apoios para a realización de diagnósticos de potencial exportador; plans de internacionalización dixital multicanle; plans de mercados electrónicos concretos; a creación e adaptación de tendas en liña e catálogos en liña para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo ou a adquisición de software específico, entre outros. As axudas, en concorrencia non competitiva, achegarán o 80% dos investimentos realizados e o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde mañá ata o vindeiro 30 de novembro ou ata o esgotamento do crédito.

 

Plan de reactivación económica

Estas medidas forman parte do Plan de reactivación económica que vén de poñer en marcha o Goberno galego. O obxectivo é facilitar a recuperación do tecido produtivo e que poida incrementar a súa competitividade, adaptándose ao novo contexto económico derivado da covid-19.

O Plan tamén inclúe a nova convocatoria das axudas á dixitalización, que se activará a próxima semana e á que se destinarán 5,4 millóns de euros, co obxectivo de facilitar a modernización e mellora da competitividade das pemes través da interconexión dixital entre compañías vinculadas pola súa actividade e a dixitalización de procesos produtivos, ao tempo que se impulsa a xeración de iniciativas de colaboración.

Promovendo proxectos colectivos e individuais, as axudas desta liña poderán acadar o 20% dos investimentos realizados por medianas empresas e o 30% no caso das empresas pequenas. Os gastos de colaboracións externas (consultorías e asesoramento) recibirán un 50% de apoio. Esta iniciativa inclúe unha subliña que impulsa a realización de cursos de dixitalización, que incentivan a creación de espazos de colaboración entre compañías para explorar solucións tecnolóxicas e a implementación de ferramentas dixitais colaborativas, así como oportunidades de hibridación entre sectores produtivos. Estes espazos están financiados ao 100%.

 

Ampliación de prazos de presentación de solicitudes dos Galicia Exporta

Co obxectivo de apoiar os esforzos que están a realizar as empresas e as agrupacións empresariais para a mellora da súa presenza internacional e de minimizar os prexuízos ocasionados pola cancelación de eventos promocionais e viaxes de prospección, a Xunta vén de ampliar ata o vindeiro 17 de xullo os prazos de presentación de solicitudes para as axudas dos programas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios. Como publicou onte o DOG, tamén se prolonga a data límite de execución de proxectos e se estenden ata o 15 de novembro deste ano ou ata o 30 de novembro de 2021, segundo os casos.

O artigo A Xunta impulsa tres novas liñas de apoio á dixitalización por 16 M€ para facilitar a reactivación do comercio, autónomos e pemes publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Covid-19 e o sector comercial https://comercio360.gal/covid-19-e-o-sector-comercial/ Sun, 15 Mar 2020 17:02:45 +0000 https://comercio360.gal/?p=2946   Información sobre as distintas normativas en relación á incidencia do coronavirus, enlaces de interese para os distintos sectores comerciais, boas prácticas e preguntas frecuentes. Consulta o listado completo de cada opción:      

O artigo Covid-19 e o sector comercial publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

Información sobre as distintas normativas en relación á incidencia do coronavirus, enlaces de interese para os distintos sectores comerciais, boas prácticas e preguntas frecuentes.

Consulta o listado completo de cada opción:

 

 

 

O artigo Covid-19 e o sector comercial publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Galería de fotos dos Premios do Comercio Galego 2019 https://comercio360.gal/galeria-de-fotos-dos-premios-do-comercio-galego-2019/ Fri, 13 Dec 2019 12:53:23 +0000 https://comercio360.gal/?p=2731   O 10 de decembro celebrouse a entrega dos Premios do Comercio Galego 2019, que distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto.    

O artigo Galería de fotos dos Premios do Comercio Galego 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

O 10 de decembro celebrouse a entrega dos Premios do Comercio Galego 2019, que distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto.

 

 

O artigo Galería de fotos dos Premios do Comercio Galego 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Conde destaca nos Premios do Comercio Galego o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos clientes https://comercio360.gal/conde-destaca-nos-premios-do-comercio-galego-o-compromiso-do-sector-por-innovar-e-responder-as-novas-demandas-dos-clientes/ Tue, 10 Dec 2019 10:56:40 +0000 https://comercio360.gal/?p=2727   O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliña o papel cohesionador e integrador que xogan os establecementos de proximidade nas vilas e cidades galegas O vindeiro ano destinaranse 5,6 millóns de euros á iniciativa Comercio 360, coa que se aposta pola dixitalización e a sustentabilidade Tamén se reforzará o comercio no rural, […]

O artigo Conde destaca nos Premios do Comercio Galego o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos clientes publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliña o papel cohesionador e integrador que xogan os establecementos de proximidade nas vilas e cidades galegas
  • O vindeiro ano destinaranse 5,6 millóns de euros á iniciativa Comercio 360, coa que se aposta pola dixitalización e a sustentabilidade
  • Tamén se reforzará o comercio no rural, coa creación de puntos de recollida, e avanzarase na consolidación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño
  • O Premio Comercio Galicia recoñece a traxectoria de Lolita Moda, un negocio familiar con orixe en Noia que conta con oito establecementos e tenda en liña
  • Olivares Shoes & Bags, empresa de venda polo miúdo de produtos de moda de muller fundada en Ferrol, obtén o Premio Comercio A Coruña
  • Na provincia de Lugo distínguese a Albo Zapaterías, de Viveiro, que con preto de 65 anos de traxectoria soubo anticiparse aos cambios experimentados no sector
  • En Ourense prémiase a 4Elementos, centrada na moda urbana e o calzado deportivo, e na provincia de Pontevedra a gañadora é a viguesa Mkkdes, que naceu primeiro na rede
  • A Fundación Santiago Centro recibe o premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes pola posta en marcha de diversas accións estreitamente vinculadas coa transformación dixital

 

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na entrega dos Premios do Comercio Galego 2019 o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos consumidores. Neste sentido, Conde sinalou a necesidade de poñer o cliente no centro da estratexia. Esta é a filosofía que guía Comercio 360, iniciativa coa que a Xunta aposta tanto pola dixitalización como pola sustentabilidade, e á que se destinan 5,6 millóns de euros nos orzamentos de 2020. Ademais, tal e como sinalou Conde, o vindeiro ano reforzarase o comercio no rural, coa creación de puntos de recollida que permitan ter unha actividade máis competitiva, e avanzarase na consolidación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño. Tamén se contemplan apoios para mercados e espazos comerciais ou a promoción de produtos galegos con especial atención á artesanía.

O conselleiro, que destacou o papel cohesionador e integrador do comercio de proximidade nas cidades e vilas galegas, sinalou que os establecementos premiados hoxe son exemplo da importancia de adaptarse aos novos tempos, transformando os negocios seguindo o ritmo das necesidades dos consumidores e empregando as mellores ferramentas dispoñibles para alcanzar ese obxectivo.

Os Premios do Comercio Galego 2019 distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto. Para iso, valórase a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles on line e off line. O Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 9.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.

O Premio Comercio de Galicia 2019 recaeu en Lolita Moda, que xorde en Noia en 1960 como un negocio familiar. Actualmente dispoñen de oito tendas físicas (tres delas especializadas en nenos) en Boiro, Noia, Ribeira, Bertamiráns (Ames) e Pontevedra. No 2014 lanzan a súa tenda on line, con máis de 50 marcas e 7.000 referencias.

No tocante ao premio provincial da Coruña, obtívoo Olivares Shoes & Bags, empresa de venda polo miúdo de produtos de moda de muller. Fundada en Ferrol no ano 2010, conta tamén con establecementos na Coruña e Santiago, e dispón de venda en liña.

Na provincia de Lugo, resultou gañador Albo Zapaterías, unha empresa familiar de Viveiro con preto de 65 anos de traxectoria e que soubo anticiparse aos cambios experimentados polo sector nos últimos anos. Na actualidade contan con catro tendas situadas no casco histórico de Viveiro. Albo Shop Online opera en toda España así como en seis países da Unión Europea.

En Ourense prémiase a 4Elementos, centrada na moda urbana e o calzado deportivo, e que conta despois de dez anos con cinco tendas físicas situadas en Ourense, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Madrid, ademais da tenda en liña.

O Premio Comercio Pontevedra é para Mekkdes, unha tenda que nace en 2011 a través da súa web, e que, despois de vender en establecementos multimarca de toda España, en abril de 2018 abre a súa primeira tenda física en Vigo.

O premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes recaeu na Fundación Santiago Centro-Área Comercial, pola posta en marcha de diversas accións estreitamente vinculadas coa transformación dixital, entre as que destacan a creación do Grupo de Comercio Innovador, a posta en marcha dunha plataforma online de venda conxunta de produtos en outlet, ou a distribución mensual dun boletín de innovación.

 

O artigo Conde destaca nos Premios do Comercio Galego o compromiso do sector por innovar e responder ás novas demandas dos clientes publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Descarga aquí o manual da Rede de Comercios e Mercados no Camiño https://comercio360.gal/descarga-aqui-o-manual-da-rede-de-comercios-e-mercados-no-camino/ Mon, 21 Oct 2019 09:58:15 +0000 https://comercio360.gal/?p=2717 Descarga aquí o manual. A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén aberto o prazo de adhesión ata o 8 de novembro. Os establecementos  recibirán un distintivo identificativo e elementos promocionais e beneficiaranse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo na Rede no marco do Xacobeo 2021 Tamén poderán acceder a axudas para editar […]

O artigo Descarga aquí o manual da Rede de Comercios e Mercados no Camiño publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Descarga aquí o manual.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén aberto o prazo de adhesión ata o 8 de novembro.

Os establecementos  recibirán un distintivo identificativo e elementos promocionais e beneficiaranse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo na Rede no marco do Xacobeo 2021

Tamén poderán acceder a axudas para editar material promocional e de empaquetado, así como selos para as credenciais dos caminantes

Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local. Ademais, poderán beneficiarse das diferentes actuacións de dinamización que se leven a cabo en torno á Rede para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar tanto aos peregrinos como aos veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca, por un lado, a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados situados nos Camiños de Santiago e, por outra banda, mellorar os servizos comerciais ofrecidos aos camiñantes e que estes manteñan a súa relación de clientes a través dos diferentes canais on line de comercialización cando volvan aos seus lugares de orixe.

A orde que regula a adhesión de establecementos a esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800 euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos. Pode descargarse o manual de identidade visual para o deseño destes materiais, aquí.

Esta nova iniciativa coincide coas directrices da estratexia Comercio 360, unha iniciativa que responde aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector, anticipándose así ás necesidades dos consumidores.

O artigo Descarga aquí o manual da Rede de Comercios e Mercados no Camiño publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A Xunta de Galicia presenta o catálogo de Artesanía de Galicia como nova ferramenta de promoción das pezas de marca https://comercio360.gal/a-xunta-de-galicia-presenta-o-catalogo-de-artesania-de-galicia-como-nova-ferramenta-de-promocion-das-pezas-de-marca/ Thu, 26 Sep 2019 15:42:10 +0000 https://comercio360.gal/?p=2711 A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou esta mañá na Coruña esta publicación, que se distribuirá en tendas, locais de hostalería, revistas especializadas e outros puntos de interese. Cun coidado deseño e presentación, o catálogo prima as fotografías de escenas nas que se mesturan diferentes pezas artesanais como protagonistas da imaxe A […]

O artigo A Xunta de Galicia presenta o catálogo de Artesanía de Galicia como nova ferramenta de promoción das pezas de marca publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou esta mañá na Coruña esta publicación, que se distribuirá en tendas, locais de hostalería, revistas especializadas e outros puntos de interese. Cun coidado deseño e presentación, o catálogo prima as fotografías de escenas nas que se mesturan diferentes pezas artesanais como protagonistas da imaxe

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, acompañada pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presentou esta mañá na Coruña o catálogo de produtos da marca Artesanía de Galicia co que se pretende dar un novo pulo á promoción das pezas artesanais como elementos da vida diaria, tanto no ámbito do interiorismo e decoración como no da xoiaría, moda e complementos. O acto tivo lugar no espazo de D-Raíz -obradoiro inscrito no rexistro de Artesanía de Galicia-.

 

 

A publicación, de 55 páxinas, caracterízase polo seu deseño e unha coidada maquetación, e outorga unha especial relevancia ás fotografías, que amosan escenas cotiás nas que a artesanía galega é a protagonista das imaxes. Ofrécese unha imaxe contemporánea do sector artesán galego, mesturando tradición e modernidade. Búscase amosar a heteroxeneidade do sector e poñer en valor a incorporación da artesanía no día a día, ocupando protagonismo nos fogares, na hostalería e na imaxe persoal, xa que o seu uso outorga personalidade, un toque de exclusividade e autenticidade.

A edición deste catálogo, que se distribuirá en tendas, locais de hostalería, revistas especializadas e outros puntos de interese, ademais das feiras internacionais nas que participa a marca, e enmárcase nas diferentes actuacións de promoción que vén desenvolvendo Artesanía de Galicia para dar a coñecer o sector e destacar a calidade, deseño e exclusividade dos produtos artesáns. A súa versión dixital pódese descargar aquí.

As pezas que aparecen neste catálogo como mostra do sector artesán foron feitas e deseñadas por un total de 66 obradoiros. Estes artesáns representan oficios como a marroquinería, a olería e a cerámica, a forxa, a cestería contemporánea, o téxtil, o encaixe ou a tornería de madeira. Ademais inclúese tamén a elaboración de redes ou pezas de miga de pan, colares, coitelos, a xoiería, o calzado, a pintura téxtil, os bonecos e xoguetes e os instrumentos musicais, así como a elaboración de bicicletas e táboas de surf, cadros e lámpadas.

O artigo A Xunta de Galicia presenta o catálogo de Artesanía de Galicia como nova ferramenta de promoción das pezas de marca publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A Xunta de Galicia convoca os Premios do Comercio Galego 2019 https://comercio360.gal/a-xunta-de-galicia-convoca-os-premios-do-comercio-galego-2019/ Tue, 24 Sep 2019 09:10:32 +0000 https://comercio360.gal/?p=2704 A convocatoria publícase hoxe no DOG. Es un comercio que sitúa ao cliente no centro da túa estratexia? Personalizas os teus servizos ou produtos? Integras xa no teu comercio a canle dixital? Se es un establecemento innovador, se utilizas ferramentas dixitais e tes algo que te fai diferente, tes ata o 24 de outubro para […]

O artigo A Xunta de Galicia convoca os Premios do Comercio Galego 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
A convocatoria publícase hoxe no DOG.

Es un comercio que sitúa ao cliente no centro da túa estratexia? Personalizas os teus servizos ou produtos? Integras xa no teu comercio a canle dixital? Se es un establecemento innovador, se utilizas ferramentas dixitais e tes algo que te fai diferente, tes ata o 24 de outubro para presentar a túa candidatura.

A Xunta de Galicia concede un ano máis os Premios do Comercio Galego como un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que aproveitan todos os recursos á súa disposición para achegar a súa oferta aos seus clientes. Tamén premia ás asociacións de comerciantes que empreguen novas tecnoloxías.

As categorías ás que se poden optar son:

a) Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 9.000 euros.

b) Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros por provincia.

c) Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.

O Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes elixirase entre aquelas asociacións que poñan en práctica proxectos tecnolóxicos vinculados ao comercio que inclúan presenza na rede, utilización de novas tecnoloxías e incrementen a fidelización e os servizos prestados aos clientes.

Xunto coa solicitude o establecemento deberá presentar unha breve memoria explicativa. O fallo dos Premios do Comercio Galego 2019 farase público nun acto no mes de decembro, convocado coa debida antelación, onde estarán invitados todos os candidatos e se fará entrega dos Premios.

Podes presentar a túa candidatura aquí, onde tamén se atopa toda a información da convocatoria:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN214C

O artigo A Xunta de Galicia convoca os Premios do Comercio Galego 2019 publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
Rede de comercios e mercados no Camiño: próxima publicación no DOG https://comercio360.gal/rede-de-comercios-e-mercados-no-camino-proxima-publicacion-no-dog/ Fri, 20 Sep 2019 09:52:23 +0000 https://comercio360.gal/?p=2698   O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a nova Rede de comercios e mercados no Camiño, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021, potenciará as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago. Esta iniciativa de apoio ao pequeno comercio, que entronca co obxectivo estratéxico do […]

O artigo Rede de comercios e mercados no Camiño: próxima publicación no DOG publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>
 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a nova Rede de comercios e mercados no Camiño, xurdida ao abeiro do Xacobeo 2021, potenciará as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que pasan os Camiños de Santiago.

Esta iniciativa de apoio ao pequeno comercio, que entronca co obxectivo estratéxico do Goberno galego, como é o Ano Santo, foi abordada esta mañá polo Consello da Xunta. Na rolda de prensa posterior, Rueda destacou que a Rede busca a dinamización comercial do Camiño, potenciando as vendas e a visibilización dos comercios e mercados na ruta; mellorar os servizos que reciban os peregrinos; e fidelizar aos clientes, fomentando a relación online cando volvan aos seus lugares de orixe.

O vicepresidente da Xunta recordou que Galicia conta cun Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia 2015-2020 e coa iniciativa Comercio 360. Así mesmo, detallou que existe unha Estratexia cara ao Xacobeo 2021.

Á Rede, dixo, poderanse sumar os establecementos comerciais e os vendedores de prazas de abastos, e tamén as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados.

Máis polo miúdo, Rueda explicou que o Diario Oficial de Galicia publicará nas vindeiras semanas a orde que regula a Rede e que incluirá tamén axudas que poderán chegar ata 2.800 euros por beneficiario.

 

O artigo Rede de comercios e mercados no Camiño: próxima publicación no DOG publicouse primeiro en Comercio 360 Galicia.

]]>