Protagonistas

Clothes&Co: Moda e ocio nun piso con historia

O soño de Esther, que sempre quixo ter unha tenda de moda, materializouse en marzo de 2014. A idea era facer algo un pouco distinto ao que podería ser unha tenda normal, quería montar un universo, máis alá do concepto tradicional de tenda, que inclúe roupa, e incluso algunha lámpada. Por iso, Clothes&Co está nun piso, o que lle dá intimidade e sensación de estar na casa. “É unha filosofía de vida, un estilo, máis alá da compra estresante habitual, con certo aire parisino”, comenta Esther.

Clothes&Co aposta pola calidade galega, española, francesa… intentando fuxir dun produto máis convencional, de orixes non nacionais e de menor calidade porque “Galicia, Francia e Escandinavia marcan a calidade”.

“Gustaríame que Clothes&Co se convertira nunha tenda de referencia para moita xente e na que, ademais de roupa, poidas mercar algo para decorar túa casa e que a experiencia de compra inclúa ocio”.

Atraer clientes nun piso é máis complicado porque se perde o escaparate. “As mellores maneiras de atraer clientes son o boca a boca e Instagram, onde xa temos máis de 6.500 seguidores”. Sobre a súa venda a través de Instagram explica: “A través desta rede social tés un contacto moi cercano co cliente a pesar de que estea a centos de kilómetros. Gustaríame manter este tipo de venda cercana”. Gracias a Intagram considera que os seus clientes compran “pedindo un consello, buscando interactuar, mercar dunha maneira menos fría que a través dunha tenda online ó uso”. As canles online, especialmente Instagram, implican sobre o 30% do negocio. Apostou por esta rede dende o principio, pero levoulle un ano coller ritmo de venda.

O interiorismo da tenda responde a piso antigo, con moita luz, con encanto propio. Gústanlle os espazos limpos, cun toque romántico e moi puro. Toda a tenda está en azul e branco, para achegar luz e serenidade, e a instalación lumínica está baseada en lámpadas que parpadean para dar calidez. Elementos modernos e antigos conviven en harmonía. Alguns deles teñen historia porque pertencían aos seus antepasados. A xente sorpréndese cando entra por primeira vez, non se espera unha tenda así. Adoita gustar porque o principal é transmitir o mimo cara o produto e o proxecto.

Un dos seus retos é “que Clothes&Co se convirta nunha tenda de referencia para moita xente e na que ademais de roupa poidas mercar algo para decorar a túa casa e que a experiencia de compra inclúa ocio, por exemplo, con colaboracións con outras marcas que non teñen nada que ver coa roupa pero que enxcaixan na súa filosofía. Unha proposta de plan de ocio para unha tarde na que non teñas nada que facer”.

Con respecto aos premios Smart Commerce da Xunta, comenta: Parécenme xenial este tipo de iniciativas porque che dan un empurrón para seguir traballando, tentar ensinar ao resto do mundo o teu espacio e amosar que hai outras maneiras de traballar e achegar o teu produto ao cliente. Paréceme unha marabilla os premios deste estilo, porque ademais do orgullo e a alegría que che ofrecen, son unha axuda que nunca vén mal”.

Clothes&Co foi a empresa gañadora do premio Smart Commerce Ourense 2017 da iniciativa Smart Commerce Galicia da Xunta.

 

FICHA:

WEB: http://www.clothesandco.es/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/clothesandcoshop/
INSTAGRAM: http://www.instagram.com/clothesandco_shop

Síguenos

Nas redes