Comercio 360 Novas Tendencias

Próxima entrega dos Premios Comercio 360

O luns 13 de novembro a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, outorga a través dos Premios Comercio 360 de Galicia 2017, un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que apostan por situar ao cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos á súa disposición co fin de achegarlle a súa oferta.

Con estes premios búscase valorar o labor dos comercios tradicionais na innovación do comercio a través da innovación tecnolóxica e así visualizar a excelencia e a importancia dos comercios galegos nas novas estratexias comerciais.

Estas son as dotacións da edición 2017:

  • Premio Comercio 360 Galicia, elixido entre os gañadores do Premio Comercio 360 provincial, cunha contía de 3.000 euros, que inclúe o premio correspondente á provincia.
  • Premio Comercio 360 Provincial, cunha contía de 1.500 euros por provincia.
  • Premio E-Commerce, cunha contía de 1.000 euros.
  • Premio Social Commerce, cunha contía de 1.000 euros.

INFÓRMATE

Síguenos

Nas redes